Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Aprendizaxe e ensino dos módulos da especialidade de formación e orientación laboral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A19 A23 A24 A27 C1 C4 C6 C7 Os criterios de avaliación son :
- A amplitude das aprendizaxes
- Concreción e reflexión sobre as necesidades de formación
- A transferibilidade ó Practicum ( observación e deseño da praxe docente)
- Aportacións para a realización do TFM
30
Presentación oral C3 C1 A presentación vai ser avaliada polo resto dos compañeiros e compañeiras a partir dunha rúbrica. 10
Simulación A5 A8 A13 A14 A15 A16 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A32 C1 C3 C5 C6 C7 A programación e a unidade didáctica van ser avaliadas conforme ós criterios establecidos para cada un dos seus elementos (fundamentación teórica e legal; formulación de obxectivos e contidos; integración da perspectiva de xénero, das TIC, das competencias clave e da educación mediática; diversificación metodolóxica e primacia de metodoloxías activas; diversificación nas técnicas e instrumentos de avaliación e participación do alumnado a través da autoavaliación e coavaliación; e coherencia entre os distintos elementos).
Na cualificación individual será tida en conta a contribución ó traballo en equipo e suporá ó 30% da cualificación asignada á tarefa de simulación.
40
Proba obxectiva A16 A18 A19 A24 A30 A34 As preguntas abordan algúns contidos de tipo conceptual, vinculados á comprensión de terminoloxía específica 10
Prácticas a través de TIC C3 Consiste na construción dun marcador social e da propia contorna de aprendizaxe. Os criterios de avaliación para o marcador son o número de recursos armacenados, o seu nivel de descrición e valoración e o sistema de categorías e subcategorías utilizadas para a súa almacenaxe. Para a contorna persoal de aprendizaxe terase en conta o número de ámbitos, recursos e ferramentas incorporados e a análise e valoración realizada polo alumnado sobre a súa contorna persoal de aprendizaxe. 10
 
Observacións avaliación

PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO NA AVALIACIÓN

Unha das premisas é que  o alumnado participe no proceso de avaliación, participando na delimitación dos criterios de avaliación e cualificación  e como axente da avaliación, a través de procedementos de auto e coavaliación. Por esta razón,  os criterios de cualificación e de avaliación poden ser modificados. 


COMPETENCIA LINGÜÍSTICA EN GALEGO 
 
A competencia lingüística en galego tamén vai ser obxecto de  avaliación na presentación oral e nas actividades  escritas grupais e individuais.  O seu peso na cualificación final pode chegar até  1 punto. 

ASISTENCIA
  A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. O alumnado con asistencia regular que ocasionalmente non acuda a unha sesión deberá de facer individualmente e entregar  as actividades realizadas na aula. 
   No caso de non acadar o 80% de asistencia a cualificación será  de non  presentado. 
    Para as persoas con matrícula a tempo parcial  e dispensa académica hai unha  modalidade de avaliación específica. Antes do  inicio da materia teñen que solicitar unha titoría para  establecer  e o proceso de seguimento. O exame terá  un peso do 30%,  a actividade de simulación do  60% e e as prácticas  TIC do  10%. 


REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA 
 A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas actividades de avaliación. Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación en cada unha das actividades. Cando non se realice algunha das actividades de avaliación a cualificación será non presentado. Na avaliación da  segunda oportunidade deberán de recuperarse as actividades  non superadas.


É obrigatorio o uso dunha linguaxe inclusiva. O non cumprimento deste requisito terá consecuencias negativas na cualificación, restando un punto.

 

FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA


a) Ausencia de citación de fontes
As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse ao longo do texto e no apartado  de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 6º edición. 
b) Plaxio
O plaxio  será motivo de suspenso, en aplicación do artigo  14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC, que  establece: " na realización de traballos, o plaxio e a utilización  de material non orixianl, incljido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permido do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
 
Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC:  https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf
http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes