Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Aprendizaxe e ensino dos módulos da especialidade de formación e orientación laboral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A23 C1 C3 A presentación vai ser avaliada polo resto dos compañeiros e compañeiras a partir dunha rúbrica.

5
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A10 A13 A14 A15 A16 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A26 A27 A28 A29 A30 A32 A33 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Consiste no deseño dunha programación e dunha unidade didáctica. Para a súa avaliación proporcionanse dúas rúbricas, nas que se detallan as dimensións a avaliar, os niveis de logro e os criterios de cualificación. As rúbricas entreganse coa proposta de traballo tutelado.
Tamén se avalia a participación e contribución de cada unha das persoas do grupo. A través dun proceso de coavaliación, e de xeito consensuado, asígnase a cada membro do grupo unha porcentaxe (de 0 a 100). A cualificación obtida por cada unha das persoas do grupo é o resultado de aplicar esta porcentaxe sobre a cualificción obtida na programación e na unidade didáctica.
70
Portafolios do alumno A15 A16 A17 A19 Os referentes para a avaliación son os resultados de aprendizaxe, os obxectivos do traballo tutelado e a utilización de fontes bibliográficas que afonden nas temáticas abordadas na materia. 25
 
Observacións avaliación

ASISTENCIA

A asistencia ás sesións é obrigatoria, e está xustificada en base a que as clases son moi interactivas e se traballa aspectos procedimentais e actitudinais que son necesarios para aprobar a materia, polo tanto, nesta materia non procederá a dispensa de asistencia do alumnado.

O alumnado con asistencia regular que ocasionalmente non acuda a unha sesión deberá de realizar  e entregar  as actividades realizadas na aula. 

REQUERIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA 
 A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas distintas   actividades  que computan na cualificación. Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación  no traballo tutelado e no portafolio. Na avaliación da  segunda oportunidade recupéranse  as actividades  non superadas. A non realización dalgunha das actividades  de avaliación  implica   a cualificación de Non presentada


É obrigatorio o uso dunha linguaxe inclusiva. 


FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA

Ausencia de citación de fontes

As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse no texto e no apartado  de referencias bibliográficas,  utilizando as normas APA máis actuais. Co obxectivo de visibilizar as achegas das autoras, escrbirase o neme completo dos autores e autoras.

Plaxio

O plaxio  será motivo de suspenso. Así o establece o  artigo  14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC: " na realización de traballos, o plaxio e a utilización  de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
 
Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC

- https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf
- http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes