Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Aprendizaxe e ensino dos módulos da especialidade de formación e orientación laboral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A23 C1 C3 A presentación vai ser avaliada polo resto dos compañeiros e compañeiras a partir dunha rúbrica.

10
Traballos tutelados A33 A32 A30 A29 A28 A27 A26 A25 A24 A23 A22 A21 A20 A19 A16 A15 A14 A13 A10 A8 A6 A5 A4 A3 A2 A1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Consiste no deseño dunha programación e dunha unidade didáctica. Para a súa avaliación proporcionanse dúas rúbricas, nas que se detallan as dimensións a avaliar, os niveis de logro e os criterios de cualificación. As rúbricas entreganse coa proposta de traballo tutelado.
50
Portafolios do alumno A15 A16 A17 A19 Os referentes para a avaliación son os resultados de aprendizaxe, os obxectivos do traballo tutelado e a utilización de fontes bibliográficas que afonden nas temáticas abordadas na materia. 20
Proba de resposta breve A16 A19 C1 Consistirá nunha proba de resposta breve sobre os contidos da materia e cunha extensión de entre 10 e 20 preguntas. 20
 
Observacións avaliación

ASISTENCIA

A asistencia ás sesións é obrigatoria, polo tanto, nesta materia non procederá a dispensa de asistencia do alumnado. O alumnado con asistencia regular que ocasionalmente non acuda a unha sesión deberá de realizar e entregar as actividades realizadas na aula.

REQUERIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA
A cualificación final será o resultado das puntuacións obtidas nas distintas actividades que computan na cualificación. Para superar a materia é indispensábel obter a metade das cualificacións asignadas no portafolio, na proba de resposta breve e no traballo tutelado. 

Na avaliación da segunda oportunidade recupéranse as actividades non superadas (portafolio, proba, traballo tutelado).

A non realización dalgunha das actividades de avaliación implica a cualificación de Non presentado.

Linguaxe inclusiva e citación xusta

É obrigatorio o uso dunha linguaxe inclusiva. 
Co obxectivo de visibilizarmos as autoras nasreferencias bibliográficas, recoméndase utilizar a citación xusta, para a que se poden consultar as seguintes fontes:
FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA

Ausencia de citación de fontes
As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse no texto e no apartado de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA máis actuais. Co obxectivo de visibilizar as achegas das autoras utilizarase a proposta de citación xusta. 

Plaxio e realización fraudulenta de probas e/o actividades

 O plaxio e a realización fraudulenta de probas e/o activiades de avaliación será motivo de suspenso, sendo 0 a cualificación global da materia. 

Así o establece o artigo 14.4 da normativa académica de avaliación da UDC: "na realización de traballos, ou plaxio e a utilización de material nonorixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade" 

Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC
- https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf - http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual






Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes