Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Proxectos de innovación e investigación educativa en formación profesional e orientación laboral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A25 A26 C3 C6 C7 Informe de aprendizaxe no que o alumnado dará conta das aprendizaxes adquiridas. 50
Presentación oral C3 Exposición do traballo tutelado 10
Traballos tutelados A26 A25 C6 Análise e deseño dun proxecto de innovación ou investigación (actividade grupal) 40
 
Observacións avaliación


ACTUALIZACIÓN DO PERFIL PERSOAL 
  • Como máis tardar,  na segunda sesión  de clase,  todo o alumnado  ha de actualizar o seu perfil na plataforma de moodel, na que hai que pendurar unha foto actual. 
ASISTENCIA
  • A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria.
  • O alumnado con asistencia regular que non  acudira  a unha aula  na que se realizase algunha actividade debéraa   de facer individualmente  e entregala na seguinte sesión.
  • Se un/ha alumno/a non acada o 80% da asistencia, terá unha
    cualificación de non presentado na primeira oportunidade. A asistencia
    xustifícase en base a que unha boa parte das actividades de avaliación
    desenvolvense na aula. Na oportunidade de xullo realizará un exame
    teórico e práctico. Tamén se poderá acordar a realización dalgunhas
    actividades.
  • Aquelas persoas con matrícula a tempo parcial
    poderán acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para isto,
    cómpre solicitar unha titoría, antes ou inmediatamente despois do
    inicio da materia, co obxecto de establecer as actividades de avaliación
    e o proceso de supervisón e seguemento
  • .
A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas tres actividades de avaliación:
  • Cartafol individual (5 puntos)
  • Tarefas grupais (4)
  • Presentación oral  (1 puntos)
  • Para superar a materia é indispensábel  obter  a metade da cualificación no cartafol individual  e nas actividades grupais. Cando  non se realice algunha das tres actividades a cualificación será   non presentado. Na segunda oportunidade deberán de facerse as actividades de avaliación non superadas (cartafol individual e  tarefas grupais). 
  • O portafolio do alumnado é unha actividade individual e ha de conter os seguintes apartados:
  • Aprendizaxes adquiridas (que sabía /que aprendín, utilizando como criterios os resultados de aprendizaxe da materia)
  • Marcador social
  • Reflexión sobre o proceso de aprendizaxe (forma de afrontar o estudo, dúbidas, dificultades e superación das mesmas, cuestións nas que afondar...
  • Relación/vinculación coas materias do módulo xenérico e nomeadamente coas materias do itinerario de FOL.
  • Aplicación na elaboración do TFM
  • Aportacións  para  a observación e análise  durante o Practicum
  • Balance de competencias  profesionais  e  ámbitos nos que seguir formándose.
  • Elaboración dun glosario de termos e un  mapa conceptual dos contidos da materia.
  • Relación co resto das materias do módulo específico.
  • Valoración e reflexión da propia presentación oral.

CARTAFOL GRUPAL

  • Ó rematar a materia e na data que se fixe, cada grupo presentará un cartafol grupal  que ha de incluir:
    • As  actividades realizadas en grupo e unha reflexión/valoración sobre as aprendizaxes adquiridas.
    • As fichas de  auto-avaliación e co-avaliación  das tarefas grupais  e do funcionamento do grupo. 
    • Número e obxectivos  das reunións  realizadas.
    • Balance  sobre o funcionamento do grupo (cambios introducidos  para a súa  mellora do funcionamento do grupo, fortalezas e debilidades).
    • Valoración argumentada das presentacións  orais  do resto dos grupos.
  • Para cualificar as actividades grupais tense en conta a autoavaliación e coavaliación realizada entre e polas persoas do grupo. O procedemento e criterios para estas modalidades de avaliación serán fixados en colaboración co alumnado.

FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA

Ausencia de citación de fontes

  • As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse, o uso de texto literal ou ideas doutros autores ou autoras parafraseadas sen declarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da Normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013,  que  establece “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
  • Os contidos incluídos nos traballos deben estar  referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias usando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declararse usando as normas APA 6ª edición. No parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran.

Plaxio

  • O plaxio en calqueira das  actividades da avaliación será motivo  de suspenso.

Falsificar  unha sinatura

  • Asinar na folla de asistencia por unha compañeira ou compañeiro  ausente será  penalizado coa perda de avaliación continua. A avaliación da oportunidade de xuño será  non presentado.


NORMATIVA ACADÉMICA DE AVALIACIÓNS, CUALIFICACIÓNS E RECLAMACIÓNS 

 

  • Valoración  e reflexión sobre a propia presentación oral.
  • Para avaliar a presentación oral tamén nos imos valer da co-avaliación e auto-avaliación. 


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes