Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
 Competencias do título


TipoA Código  
  Profesionalizador
  AP1 Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións.
  AP2 Comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e as posibles disfuncións que afectan á aprendizaxe.
  AP3 Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
  AP4 Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxes.
  AP5 Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e no centro; abordar e resolver posibles problemas.
  AP6 Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país.
  AP7 Coñecer e aplicar recursos e estratexias de información, titoría e orientación académica e profesional.
  AP8 Promover accións de educación emocional, en valores e formación cidadá.
  AP9 Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade e prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia.
  AP10 Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade.
  AP11 Coñecer a evolución histórica da familia, os seus diferentes tipos e a incidencia do contexto familiar na educación.
  AP12 Adquirir habilidades sociais na relación e orientación familiar.
  AP13 Comprender as implicacións educativas da situación lingüística galega e adquirir e aplicar criterios, estratexias e recursos pedagóxicos para participar na planificación e desenvolvemento do plano lingüístico do centro.
  AP14 Respectar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecemento dos principios e fundamentos da atención á diversidade.
  AP15 Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
  AP16 Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
  AP17 Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
  AP18 Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares.
  AP19 Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
  AP20 Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
  AP21 Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
  AP22 Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
  AP23 Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
  AP24 Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
  AP25 Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
  AP26 Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
  AP27 Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
  AP28 Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación.
  AP29 Coñecer a evolución do mundo laboral, a interacción entre sociedade, traballo e calidade de vida, así como a necesidade de adquirir a formación axeitada para a adaptación apropiada e permanente das distintas profesións (FP).
  AP30 Coñecer os procesos e recursos para a prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia (OE).
  AP31 Coñecer os procesos de avaliación e de orientación académica e profesional (OE).
  AP32 Adquirir experiencia na planificación, na docencia e na avaliación das materias correspondentes á especialización.
  AP33 Acreditar un bo dominio da expresión oral e escrita na práctica docente
  AP34 Dominar as destrezas e as habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
  AP35 Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión sobre a práctica.
  AP36 Coñecer a tipoloxía empresarial correspondente aos sectores produtivos e comprender os sistemas organizativos máis comúns nas empresas (FP)
  AP37 Exercitarse na avaliación psicopedagóxica, o asesoramento a outros profesionais da educación, aos estudantes e ás familias (OE)
TipoB Código  
TipoC Código  
  Mixto
  CM1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  CM2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  CM3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  CM4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  CM5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  CM6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  CM7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  CM8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes