Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
 Asignaturas
  Didáctica. currículo e organización escolar
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A5 A9 C4 C6 A proba mixta consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. 30
Portafolios do alumno A4 A5 C4 C6 Para avaliar o portafolios teranse en conta aspectos ligados á estrutura e contido deste.
a) Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva e seguimento de normas de citación-referenciación.
b) Contido: comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, uso das fontes traballadas no tratamento dos contidos ao longo do cuadrimestre así coma outras de interese e a adecuada xestión das mesmas.

* Serán proporcionados criterios detallados no momento de entrega do traballo.
* A cualificación final deste traballo poderá ser diferente para cada integrante do pequeno grupo. Unha parte da puntuación respostará ao traballo que se realice de modo grupal; e outra, ás entradas individuais do diario.
* Ademais, para matizar a cualificación do portafolios valorarase o traballo realizado polo alumnado a nivel de pequeno grupo ao longo de todo o curso.
70
 
Observacións avaliación
  1. Nas presentacións orais ou escritas deberase atender a criterios de integridade académica (xestión adecuada de referencias bibliográficas e información de terceiras persoas);ademais procurarase o uso dunha linguaxe non discriminatoria.
  2. O mestrado ten carácter presencial polo que a asistencia ás sesións non poderá ser inferior ao 80% das horas.
  3. O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, que faga uso de dita dispensa, deberá entregar as actividades e o portafolios no mesmo tempo e forma que o resto do alumnado e resolvelas de modo individual.
  4. Se un/unha alumno/a cuxa asistencia é regular non acude á clase o día de realización dalgunha actividade, deberá desenvolvela e entregala individualmente. Esta incorporarase tamén ao portafolios.
  5. O portafolio sentregarase na data que se indique ao inicio do curso. Para presentarse ao exame é condición indispensable ter presentado o portafolios e as actividades de síntese das lecturas.
  6. Coa fin de facilitar a xestión da materia e o seguimento do alumnado será obrigatoria -antes da segunda semana lectiva- a actualización do perfil persoal da plataforma Moodle,insertando unha foto actual.
  7. Para superar a materia é necesario obter unha puntuación mínima do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación ("portafolios do alumno" e "proba mixta").
  8. Dado que á materia é impartida por diferentes docentes, poderán existir variacións intergrupais no formato do exame final, no tipo de actividades de aula e na orde de presentación de contidos.
  9. Na 2ª oportunidade, os criterios de avaliación serán os mesmos que os propostos para a 1ª convocatoria.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes