Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
 Subjects
  Practicum
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Identifying Data 2022/23
Subject (*) Practicum Code 652608806
Study programme
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 2nd four-month period
First Obligatory 12
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Letras
Coordinador
Sobrino Freire, Iria
E-mail
iria.sobrino@udc.es
Lecturers
Carballal Miñan, Patricia
Eirin García, Leticia
Ferreira Boo, María del Carmen
Ferreiro Fernandez, Manuel
Pardo de Neyra Fernández-Couso, Xulio
Peñasco González, Sandra
Perez Pascual, Jose Ignacio
Sobrino Freire, Iria
Tato Garcia, Cleofe
E-mail
patricia.carballal@udc.es
leticia.eirin@udc.es
m.fboo@udc.es
manuel.ferreiro@udc.es
xulio.pardodeneyra@udc.es
sandra.pgonzalez@udc.es
jose.ignacio.perez.pascual@udc.es
iria.sobrino@udc.es
cleofe.tato@udc.es
Web
General description Para o alumnado deste Máster, as prácticas constitúen unha experiencia formativa de preparación para a futura vida profesional: éntrase en contacto co oficio sen a responsabilidade e as urxencias que comporta dirixir un grupo de alumnos/as. Grazas ás prácticas, os/as estudantes poderán coñecer de primeira man as tarefas que levan a cabo nun centro educativo de Ensino Secundario, e terán, así mesmo, a posibilidade de establecer relacións frutíferas con profesores/as de Ensino Secundario e do ámbito universitario (destes/as últimos/as, parte son tamén docentes noutros niveis educativos). As prácticas están deseñadas para ofrecerlle ao alumnado a posibilidade de observar e analizar os contextos en que vai desenvolver o seu labor, de tal modo que poida alcanzar un coñecemento vivencial do traballo docente. Espérase que os/as estudantes tomen as prácticas como a oportunidade que son, e non só como unha parte máis destes estudos de posgrao. Esa oportunidade bríndana os centros e o profesorado de Ensino Secundario, e así deben recoñecelo a Universidade e o alumnado en prácticas. Agora ben, o recoñecemento é compatible cunha actitude de observación reflexiva e vixiante, propia do momento formativo en que nos atopamos. Non se debe aspirar á mera reprodución dos modelos de acción observados; pola contra, esas e outras posibles alternativas de actuación profesional han de ser obxecto de análise e reflexión. A práctica que se desenvolve nos centros educativos só se pode comprender se se entende como se foi constituíndo o proceso de escolarización e como os axentes internos e externos actúan sobre el. Para isto é necesario construír un coñecemento sistematizado e profundo sobre a praxe docente, isto é, saber que se fai, por que se fai, para que se fai, que se podería facer e que é o que non se debe facer. Este coñecemento virá complementar, sen dúbida, os obtidos nas fases anteriores do Máster (módulos xenérico e específico), e a miúdo achegará un contrapunto enriquecedor. As prácticas serán tamén unha experiencia formativa para o profesorado titor dos centros de ensino (cuxa colaboración nunca se agradecerá bastante), debido a que lle dan a ocasión de reflexionar críticamente sobre o seu traballo e os seus hábitos na día a día da aula, así como unha oportunidade para entrar en contacto —aínda que sexa brevemente— coa reflexión didáctica que se fai fóra dos centros de Ensino Secundario. Non menos enriquecedora será a experiencia para o profesorado da Facultade (parte do cal, como xa se apuntou, exerce tamén a docencia en niveis preuniversitarios). Grazas ás prácticas, os/as titores/as da UDC terán a oportunidade de observar o contraste as mensaxes e estratexias de traballo de corte teórico e a práctica vivida nos centros.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes