Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
 Asignaturas
  Traballo fin de Mestrado
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados a) Estudos empíricos relacionados con calquera das liñas temáticas propias do Mestrado e enmarcados no ámbito das súas competencias.
b) Revisión e investigación bibliográfica centrada nalgún dos diferentes campos da titulación de Mestrado.
c) Análise de protocolos de actuación, unidades didácticas, proxectos socioeducativos ou calquera outro documento institucional, vinculadas a algún dos diferentes campos do Mestrado.
d) Deseño de unidades didácticas, proxectos educativos e socioeducativos de diversa índole, relacionados co Mestrado.

Evidentemente, cada alumno/a deberá escoller un tema que estea inscrito no marco da súa área de especialización, que vén dada no son polos seus estudos previos, senón tamén, e sobre todo, polo itinerario no que estea matriculado/a.
Presentación oral SOLICITUDE DE DEFENSA: Unha vez finalizado o proceso de elaboración do TFM e obtido o informe favorable do director/a, o/a alumno/a terá que subir o traballo en formato dixital ás plataformas habilitadas para estes efectos no prazo establecido polo centro.

DEFENSA: Unha vez que se faga pública a convocatoria do tribunal, o/a alumno/a debe presentarse á hora indicada e agardar a ser chamado polo/a docente que ocupe o cargo de secretario/a. O acto, que será público, iniciarase cunha exposición do/a alumno/a, que durará un máximo de 20 minutos e na que se poderá facer uso de material audiovisual complementario. A continuación, os/as integrantes do tribunal disporán de 20 minutos —en conxunto— para faceren as preguntas que estimen oportunas e debater co/a alumno/a.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes