Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
 Asignaturas
  Traballo fin de Mestrado
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral C1 C2 C3 Presentación e defensa
• Calidade dos medios e/ou materiais de apoio, no caso de que se empreguen.
• Coherencia e claridade de ideas na exposición.
• Boa competencia lingüística oral.
• Capacidade de síntese
• Habilidade para responder na discusión.

No caso do itinerario de Arte, na avaliación consideraranse, ademais, aspectos que teñen que ver coa tipoloxía do TFM-proceso.
15
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A16 A15 A17 A18 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Cuestións formais (5%)
• Claridade de ideas, de exposición e de organización da información.
• Relación e coherencia entre as partes do TFM.
• Boa calidade lingüística do discurso.

Fundamentación teórica (30%)
• Suficiencia e profundidade do marco teórico, de xeito que se demostre coñecemento suficiente da bibliografía relevante e do consenso científico vixente verbo do tema en cuestión.
• Creatividade e orixinalidade na presentación da temática, na súa abordaxe ou no seu tratamento.
• Referencia aos contidos traballados no Mestrado.
• Documentación de apoio actualizada e referencias bibliográficas citadas conforme ás normas propias dos traballos científicos e profesionais.

Desenvolvemento do TFM (35%)
• Nivel de concreción do TFM (obxectivos, metodoloxía, secuenciación, actividades, sistema de avaliación...).
• Viabilidade da proposta atendendo a súa contextualización.
• Adecuación ao marco lexislativo e curricular.
• Existencia e adecuación de criterios de avaliación da proposta.

Valoración persoal e conclusións do TFM (15%)
As conclusións do traballo deberán ter unha extensión de entre cinco e oito páxinas. Na súa avaliación teranse en conta os seguintes criterios:
• Relación das conclusións cos obxectivos do TFM.
• Grao de integración dos coñecementos conseguidos nas distintas materias cursadas no Mestrado.
• Grao de desenvolvemento das competencias profesionais.
85
 
Observacións avaliación
- O alumnado disporá dunha convocatoria con dúas oportunidades de avaliación ou defensa pública do TFM: unha ordinaria e outra extraordinaria.

- O/a coordinador/a do Mestrado designará os/as integrantes dos tribunais que avaliarán os TFM, fixará as súas datas e horas de actuación e determinará que alumnos/as deberán comparecer perante cada un deles.

- Os tribunais estarán constituídos por tres membros titulares; ademais, de ser posible, asignarase unha parella de suplentes. O/a director/a dun TFM non poderá formar parte da comisión que o vai avaliar, agás que a escaseza de recursos humanos o faga indispensable.

- Finalizadas as defensas de todos os TFM da súa competencia, o tribunal deliberará e, logo de resolver, publicará as cualificacións provisionais no taboleiro informativo do Mestrado. As cualificacións provisionais serán a media das outorgadas individualmente polos/as integrantes do tribunal, e poderán moverse nas seguintes marxes:
  • Non presentado.
  • Suspenso, de 1 a 4,9.
  • Aprobado, de 5 a 6,9
  • Notable, de 7 a 8,9
  • Sobresaliente, de 9 a 10. A Matrícula de Honra poderá outogarse a calquera traballo cualificado con Sobresaliente, sempre e cando haxa acordo unánime do tribunal.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes