Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
 Asignaturas
  Traballo fin de Mestrado
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral C1 C2 C3 Presentación e defensa
• Calidade dos medios e/ou materiais de apoio, no caso de que se empreguen.
• Coherencia e claridade de ideas na exposición.
• Boa competencia lingüística oral.
• Capacidade de síntese
• Habilidade para responder na discusión.

15
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A16 A15 A17 A18 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Cuestións formais (5%)
• Claridade de ideas, de exposición e de organización da información.
• Relación e coherencia entre as partes do TFM.
• Boa calidade lingüística do discurso.

Fundamentación teórica (30%)
• Suficiencia e profundidade do marco teórico, de xeito que se demostre coñecemento suficiente da bibliografía relevante e do consenso científico vixente verbo do tema en cuestión.
• Creatividade e orixinalidade na presentación da temática, na súa abordaxe ou no seu tratamento.
• Referencia aos contidos traballados no Mestrado.
• Documentación de apoio actualizada e referencias bibliográficas citadas conforme ás normas propias dos traballos científicos e profesionais.

Desenvolvemento do TFM (35%)
• Nivel de concreción do TFM (obxectivos, metodoloxía, secuenciación, actividades, sistema de avaliación...).
• Viabilidade da proposta atendendo a súa contextualización.
• Adecuación ao marco lexislativo e curricular.
• Existencia e adecuación de criterios de avaliación da proposta.

Valoración persoal e conclusións do TFM (15%)
• Relación das conclusións cos obxectivos do TFM.
• Grao de integración dos coñecementos conseguidos nas distintas materias cursadas no Mestrado.
• Grao de desenvolvemento das competencias profesionais.
85
 
Observacións avaliación
- O alumnado disporá dunha convocatoria con dúas oportunidades de avaliación ou defensa pública do TFM.

- O/a coordinador/a do Mestrado designará os/as integrantes dos tribunais que avaliarán os TFM, fixará as súas datas e horas de actuación e determinará que alumnos/as deberán comparecer perante cada un deles.

- Os tribunais estarán constituídos por tres membros titulares; ademais, de ser posible, asignarase unha parella de suplentes. O/a director/a dun TFM non poderá formar parte da comisión que o vai avaliar.

- Finalizadas as defensas de todos os TFM da súa competencia, o tribunal deliberará e, logo de resolver, publicará as cualificacións provisionais. As cualificacións provisionais serán a media das outorgadas individualmente polos/as integrantes do tribunal, e poderán moverse nas seguintes marxes:
  • Non presentado.
  • Suspenso, de 1 a 4,9.
  • Aprobado, de 5 a 6,9
  • Notable, de 7 a 8,9
  • Sobresaliente, de 9 a 10. A Matrícula de Honra poderá outogarse a calquera traballo cualificado con Sobresaliente, sempre e cando haxa acordo unánime do tribunal.

Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia ou, se for o caso, permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes