Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
 Asignaturas
  Contidos complementarios para o ensino das linguas galega e castelá
   Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e as posibles disfuncións que afectan á aprendizaxe.
A3 Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
A4 Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxes.
A5 Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e no centro; abordar e resolver posibles problemas.
A6 Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país.
A7 Coñecer e aplicar recursos e estratexias de información, titoría e orientación académica e profesional.
A8 Promover accións de educación emocional, en valores e formación cidadá.
A9 Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade e prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia.
A10 Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade.
A11 Coñecer a evolución histórica da familia, os seus diferentes tipos e a incidencia do contexto familiar na educación.
A12 Adquirir habilidades sociais na relación e orientación familiar.
A13 Comprender as implicacións educativas da situación lingüística galega e adquirir e aplicar criterios, estratexias e recursos pedagóxicos para participar na planificación e desenvolvemento do plano lingüístico do centro.
A14 Respectar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecemento dos principios e fundamentos da atención á diversidade.
A15 Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
A16 Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
A17 Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
A18 Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes