Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
 Asignaturas
  Contidos complementarios para o ensino das linguas galega e castelá
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A8 A9 A10 A14 C1 C3 C4 Realización de actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais (análise de textos, estudo de fontes documentais etc.). 10
Traballos tutelados C3 C5 C7 C8 Traballo academicamente dirixido sobre unha cuestión da materia previamente asignada. O tema e a bibliografía serán acordados entre o profesorado e o(s) estudante(s). 60
Proba mixta A3 A4 A5 A13 A15 C1 Proba escrita de carácter teórico-práctico 30
 
Observacións avaliación

No apartado de "Traballos tutelados" (60%), o profesorado da materia avaliará tamén, de ser o caso, a exposición oral; a proba mixta computará, por tanto, como o 30%.

O alumnado terá que entregar e/ou expor os traballos e
actividades solicitados no prazo fixado. 












Todas as actividades e probas deberán cumprir unhas
esixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, concordancia, ausencia de reiteracións etc.). No caso de se produciren
deficiencias deste tipo, estas serán penalizadas na cualificación.

A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non realizar a proba mixta e/ou cando tiver entregado menos de 50% do número de actividades totais.

Na segunda oportunidade, en xullo, será tida en conta a seguinte distribución: proba mixta (40), traballo tutelado (60). 

O alumnado con dispensa académica deberá comunicar ao docente a dispensa na primeira semana de aulas (ou, se non, nun prazo non superior a 7 días desde a súa concesión). Para superar a materia, deberá realizar todas as actividades e/ou traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas datas estabelecidas polo docente. A cualificación final será a media ponderada das notas das actividades e/ou traballos e mais da nota do exame (realizado na data oficial), debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. No caso de non aprobar algunha das partes, na segunda oportunidade deberá repetiir as partes non aprobadas (actividades, traballos e/ou proba).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes