Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
 Subjects
  Complementary contents for the Galician and Spanish education of the literature
   Methodologies
Methodologies Description
Workbook Formando parte do seu traballo autónomo, os/as estudantes deberán ler os textos proporcionados ao longo do curso. Estas lecturas serán obxecto de análise tanto nas sesións de obradoiro coma na proba mixta.
Workshop Nas sesións presenciais alternaranse as leccións maxistrais coas sesións interactivas, nas que a participación do estudantado será fundamental. Levaranse a cabo actividades de diverso tipo: discusións dirixidas, comentario de textos, etc. Todas elas terán como punto de partida fundamental as lecturas indicadas previamente polas profesoras.
Mixed objective/subjective test Ao final de curso, na data oficial, as/os estudantes deberán realizar unha proba mixta de carácter teórico-práctico.
Supervised projects As profesoras propoñerán na segunda sesión uns temas de traballo, relacionados con algún aspecto da materia, para seren desenvolvidos individualmente nun traballo escrito que deberá ser entregado na data marcada a principios de curso. Neste traballo o alumnado deberá aplicar os coñecementos adquiridos ao longo das sesións da materia.
Valorarase fundamentalmente a capacidade de reflexión e a orixinalidade das achegas, o rigor no tratamento do tema escollido, así como a clareza expositiva e expresiva.
Introductory activities Na primeira sesión do curso levaranse a cabo distintas actividades para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado. Preténdese obter información relevante que permita artellar convenientemente a docencia da materia.
Guest lecture / keynote speech Exposición e explicación de contidos e reflexións para propiciar o posterior traballo autónomo do alumnado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes