Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
 Asignaturas
  Contidos complementarios para o ensino das literaturas galega e castelá
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A3 A13 A21 A26 A27 A32 A35 C1 C3 C4 C8 Valorarase a participación activa nas distintas actividades que se desenvolvan na aula, así como a realización das lecturas.

10
Proba mixta A3 A7 A13 A16 A15 A17 A21 A25 A19 A33 C1 Aplicaranse os seguintes criterios de avaliación:
- adecuación da resposta á pregunta formulada
- correcta estruturación do discurso
- corrección ortográfica, sintáctica e gramatical

Para superar a materia a calificación mínima desta proba deberá ser de 4 puntos sobre 10.
40
Traballos tutelados A3 A13 A16 A15 A17 A21 A25 A26 A27 A19 A32 A33 A35 C1 C3 C4 C6 C7 C8 O traballo final obrigatorio, elaborado individualmente, desenvolverá un tema relacionado con algún aspecto da materia. Formalmente axustarase ás pautas definidas polas profesoras no inicio do curso.
Valorarase fundamentalmente a capacidade de reflexión e a orixinalidade das achegas, o rigor no tratamento do tema escollido así como a clareza expositiva e expresiva.

50
 
Observacións avaliación

1. OBSERVACIÓNS XERAIS DE AVALIACIÓN

1.1. Para superar a materia, o alumnadodeberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto deactividades que compoñen a avaliación.

1.2. O alumnado terá que entregar ostraballos e actividades no prazo fixado.

1.3. Todas as actividades deberán cumprirunhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación,concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal...).As deficiencias lingüístico-expositivas serán penalizadas na cualificación.

2. AVALIACIÓN DA SEGUNDA OPORTUNIDADE(XULLO)

2.1. Aquel alumnado que non superase amateria con anterioridade, terá de realizar a proba mixta e presentar otraballo tutelado. A data limite de entrega do traballo tutelado será a marcada para o exame do mesde xullo.

2.2. Na 2.ª oportunidade o alumnado seráavaliado cos mesmos criterios que na oportunidade anterior, aínda que con certavariación sobre as porcentaxes xa que non se poderán ter en conta as actividadesde carácter presencial (Obradoiro). Así a valoración estará compostapolo 60% dos "Traballos tutelados" (que incluirá unha presentaciónoral) e o 40% da "Proba mixta".

3. AVALIACIÓN DA OPORTUNIDADE ADIANTADA DEDECEMBRO

Nesta oportunidade adiantada cada alumno/a seráavaliado/a mediante unha "Proba mixta", que suporá o 40 % dacualificación final e que terá lugar na data oficial marcada pola Facultade de CC.da Educación, e un "Traballo tutelado" puntuábel nun 60% que deberá ser presentado no mesmo día do exame.

4. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO/A

Considerarase como NON PRESENTADO/A o/a alumno/a quenon entregue o traballo final obrigatorio ou non realice a proba escrita.

5. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL E CON DISPENSAACADÉMICA

O alumnado matriculado a tempo parcial econ dispensa académica de exención de asistencia concedida deberá pórse encontacto co profesorado da materia no inicio do curso académico paraplanificar, en cada situación concreta, os axustes necesarios na avaliación notocante ás actividades presenciais (que serán substituídas por outras nonpresenciais equivalentes). Así mesmo, aquel alumnado que xustifique aimposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar co profesoradoresponsábel.

6. OUTRAS PRECISIÓNS

Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía,puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisiónléxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas,estas poderán ser penalizadas na cualificación.

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio asícomo de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades,incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias,poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación,revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestradouniversitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes