Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
 Asignaturas
  Contidos complementarios para o ensino das literaturas galega e castelá
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A3 A13 A21 A26 A27 A32 A34 A35 C1 C3 C4 C8 Valorarase a participación activa nas distintas actividades que se desenvolvan na aula, así como a realización das lecturas.

20
Proba mixta A3 A7 A13 A16 A15 A17 A21 A25 A19 A33 C1 Aplicaranse os seguintes criterios de avaliación:
- correcta estruturación do discurso
- corrección ortográfica, sintáctica e gramatical
- correcta integración dos coñecementos adquiridos ao longo do curso

Para superar a materia a calificación mínima desta proba deberá ser de 4 puntos sobre 10.
40
Traballos tutelados A3 A13 A16 A15 A17 A21 A25 A26 A27 A19 A32 A33 A35 C1 C3 C4 C6 C7 C8 O traballo final obrigatorio desenvolverá un tema relacionado con algún aspecto da materia. Formalmente axustarase ás pautas definidas polas profesoras no inicio do curso.
Valorarase fundamentalmente a capacidade de reflexión e a orixinalidade das achegas, o rigor no tratamento do tema escollido así como a clareza expositiva e expresiva.

40
 
Observacións avaliación

1. OBSERVACIÓNS XERAIS DE AVALIACIÓN

1.1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación.

1.2. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado.

1.3. Todas as actividades deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal...).As deficiencias lingüístico-expositivas serán penalizadas na cualificación.

2. AVALIACIÓN DA SEGUNDA OPORTUNIDADE(XULLO)

2.1. Aquel alumnado que non superase a materia con anterioridade, terá de realizar a proba mixta e presentar o traballo tutelado. A data limite de entrega do traballo tutelado será a marcada para o exame do mesde xullo.

2.2. Na 2.ª oportunidade o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na oportunidade anterior, aínda que con certa variación sobre as porcentaxes xa que non se poderán ter en conta as actividadesde carácter presencial (Obradoiro). Así a valoración estará composta polo 60% dos "Traballos tutelados" (que incluirá unha presentación oral) e o 40% da "Proba mixta".

3. AVALIACIÓN DA OPORTUNIDADE ADIANTADA DE DECEMBRO

Nesta oportunidade adiantada cada estudante será avaliado/a mediante unha "Proba mixta", que suporá o 40 % da cualificación final e que terá lugar na data oficial marcada pola Facultade de CC. da Educación, e un "Traballo tutelado" puntuábel nun 60% que deberá ser presentado no mesmo día do exame.

4. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO/A

Considerarase como NON PRESENTADO/A o/a alumno/a que non entregue o traballo final obrigatorio ou non realice a proba escrita.

5. ALUMNADO CON RECOÑECEMENTO DE DISPENSA ACADÉMICA

Segundo o establecido na "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social de 04/05/2017): 

5.1. Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non for posíbel, nun prazo non superior a 7 días desde que lle for concedido o recoñecemento. 

5.2. Terán que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas datas establecidas polas docentes.

5.3. A cualificación será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o curso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeira oportunidade, na segunda deberán repetir todas as partes non aprobadas (actividades/traballos e/ou proba).

6. OUTRAS PRECISIÓNS

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias ou se detecte calquera tipo de uso fraudulento de recursos tecnolóxicos, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4). No xeral, a falta de honradez académica nunha proba conlevará a cualificación de 0 nesa convocatoria e, noutros traballos, a reprobación da actividade concreta.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes