Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
 Asignaturas
  Bases epistemolóxicas para o ensino das linguas e literaturas galega e castelá
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Bases epistemolóxicas para o ensino das linguas e literaturas galega e castelá Código 652608821
Titulación
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral A materia constituirá unha aproximación ás principais achegas da Lingüística e a Teoría da Literatura ao ensino das linguas galega e castelá e a súa literatura. Ofrecerase un panorama da evolución da educación lingüística e literaria na ESO e o Bacharelato até a situación actual e analizaranse diferentes recursos de carácter innovador nestes ámbitos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non haberá cambios dignos de mención. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Sesión maxistral - Obradoiro - Proba de ensaio - Estudo de casos - Traballos tutelados A través das plataformas Moodle e Microsoft Teams, profesorado e alumnado teñen a posibilidade de transferir ao medio virtual as devanditas «metodoloxías». Se as circunstancias o aconsellan ou impoñen, levarase a cabo o traslado (introducindo, por suposto, algúns axustes indispensables para a adaptación ao novo ámbito). *Metodoloxías docentes que se modifican 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Ao igual que en circunstancias normais, o/a docente consultará asiduamente a caixa de correo electrónico e procurará responder con tanta axilidade como sexa posible. - Durante as horas de titoría, o/a docente estará conectado á plataforma Teams, de tal maneira que os/as alumnos/as poidan facerlle tantas consultas como sexan necesarias (ben por escrito, ben mediante videochamada). 4. Modificacións na avaliación Farase todo o posible para que o abandono da presencialidade non implique cambios profundos nos procedementos de avaliación. Se as tentativas fracasen —cousa que non ten por que suceder—, procederíase, como último recurso, a aplicar a todo o alumnado o mecanismo previsto para os/as estudantes non presenciais. *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía De se tornar imposible o uso da biblioteca e do servizo de reprografía da Facultade, procurarase que o alumnado poida consultar algunhas referencias bibliográficas fundamentais, aloxadas nos andeis «en liña» da BUDC ou noutros arquivos e repositorios dixitais.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes