Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
 Asignaturas
  Bases epistemolóxicas para o ensino das linguas e literaturas galega e castelá
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A16 A17 A21 A18 A19 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Unha advertencia que engadimos ao dito no apartado de «Metodoloxía»: a asistencia regular é requisito indispensable para que o equipo docente tome en consideración as achegas que un/unha alumno/a faga no marco dos obradoiros. Considerarase regular a asistencia de todos/as os/as estudantes que estean presentes na aula, cando menos, nun 80 % das horas lectivas. 10
Traballos tutelados A16 A17 A21 A18 A19 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Nada que engadir ao que dixemos no apartado de «Metodoloxía». 90
 
Observacións avaliación

– Instrucións para o alumnado ordinario

  • A modalidade de avaliación Obradoiro + Traballos tutelados require a asistencia ao 80 % das horas lectivas para acadar a puntuación mínima (máx. 10% da cualificación). O/a estudante que incumpra esta condición deberá someterse a unha proba final que terá lugar en data e hora fixadas no calendario oficial do Mestrado.
  • As actividades, lévense a cabo dentro ou fóra do horario lectivo, poderán ser tanto de autoría grupal como individual, o cal se indicará previamente ao alumnado.

– Instrucións para o alumnado con dispensa académica, establecidas de acordo coa Norma que regula o réxime de dedicacíón ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e máster universitario na UDC

  • Os/as estudantes con dispensa deben dar a coñecer a súa situación ao profesorado ao longo da primeira semana de clase (ou, se non fose posible, nun prazo non superior a 7 días a contar dende a data de concesión).
  • A modalidade de avaliación Obradoiro + Traballos tutelados require a realización de todas as tarefas que se propoñan ao longo do curso, e a súa entrega nas datas que fixe o/a docente. De non entregaren nas datas sinaladas, os/as estudantes deberán someterse á proba final, a cal suporá o 100% da cualificación.

– Instrucións comúns á totalidade do alumnado

  • Todos os traballos entregaranse por vía telemática. 
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes