Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
 Asignaturas
  Metodoloxía do ensino das linguas e literaturas galega e castelá en educación secundaria
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A17 A21 A24 A25 A19 Valoración da comprensión da(s) obra(s) lida(s) e das capacidades de análise, razoamento, relación e organización das súas posibilidades na didáctica da lingua 10
Obradoiro A21 A22 A23 A25 A19 C1 C3 Valorarase a participación do/ a estudante nas diferentes actividades levadas a cabo na aula, tanto escritas como orais. É necesaria a asistencia ás aulas 10
Sesión maxistral A3 A21 A19 C4 C5 C6 C7 C8 Atención, colaboración e participación nas aulas maxistrais 10
Traballos tutelados A20 Realización dun traballo tutelado (que poderá ser individual ou grupal) 60
Proba de ensaio A19 C1 A través dunha actividade teórica ou práctica, o alumnado deberá mostrar o seu grao de asimilación das nocións e dos recursos que se lle presentaron, así como do seu aproveitamento didáctico 10
 
Observacións avaliación
Para aprobar a materia será necesario superar todas as partes que a integran, polo que, en cada unha delas, haberá que obter como mínimo o 50% da puntuación máxima. Na segunda oportunidade, o alumnado só repetirá as partes que suspendese na primeira, e manterá a nota das que superase.

O sistema de avaliación (en ambas as oportunidades) será o mesmo tamén para aquel alumnado con dispensa académica.



Recoméndase que os envíos dos traballos se fagan por vía telemática. Se non fose posible a entrega telemática da versión definitiva, habería que imprimir o documento a dobre cara (e en papel reciclado) e absterse de utilizar plástico na encadernación. Canto aos borradores, o mellor é non imprimilos.



Débese facer un uso sostible dos recursos, con vistas á prevención de impactos negativos sobre o medio natural.



Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes