Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
 Subjects
  Methodological and professional foundations of the galician and spanish education of the languages a
   Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Os docentes farán unha presentación breve, mais substanciosa, das cuestións nucleares da materia, esforzándose en todo momento por poñer de manifesto que as disquisicións teóricas non son simples logomaquias, senón que teñen gran relevancia para a planificación do traballo de aula. Que é a teoría de hoxe senón o que fica tras someter a práctica de onte a un proceso —descúlpese a metáfora— de filtrado e refinado?
Workshop Espérase que o alumnado participe de xeito activo nos distintos obradoiros programados na aula, así como, se as houber, naquelas actividades que se leven a cabo fóra dela. A asistencia, imprescindíbel para optar á avaliación desta parte da materia, será controlada por el equipo docente.

Cabe a posibilidade de que, para facilitaren a avaliación do seu labor, os/as estudantes teñan que entregar un portafolio no que quede constancia das súas reflexións sobre os asuntos abordados nos obradoiros.
Long answer / essay questions Nun exercicio que terá lugar en data e hora sinaladas con antelación abonda, os/as estudantes deberán mostrar o seu grado de asimilación das nocións que se lles presentaron e, sobre todo, das pautas que se lles ofreceron ao longo da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes