Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
 Asignaturas
  Fundamentos metodolóxicos e profesionais do ensino das linguas e literaturas galega e castelá en educación secundaria
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A20 A21 A24 A27 C1 C3 C4 C6 Ao dito no apartado de «Metodoloxía» engadimos unha advertencia de obrigada lectura: a quen non asistise regularmente non lle serán valoradas as achegas que puidese facer no marco dos obradoiros. 50
Proba de ensaio A20 A21 A24 A27 C1 C3 C4 C6 Nada que engadir ao que se dixo no apartado de «Metodoloxía». 50
 
Observacións avaliación

- Para aprobar a materia cómpre superar todas
as partes (en calquera das dúas oportunidades), polo que será necesario obter
no mínimo o 50% da puntuación en cada unha delas. Na segunda oportunidade, o
alumnado só repetirá as partes suspensas e manterá a cualificación daquelas que
fosen superadas.

- A avaliación dos/as estudantes que non asistan
regularmente ás aulas por teren concedida a dispensa académica (exención de asistencia), así como a daqueles/as que, sen contar con dispensa, se ausenten en máis dun 20% das horas lectivas, farase unicamente a partir da proba de ensaio, tanto na primeira como na segunda oportunidade. A proba que este sector do alumnado deberá superar non ten por que ter o mesmo deseño que a que se lles propoña aos/ás estudantes presenciais.

- Os traballos entregaranse, por defecto, de xeito telemático. De non ser posible, recoméndase que non se utilicen plásticos na encadernación, que se imprima a dobre cara e que se empregue papel reciclado. Cómpre, en suma, facer un uso sustentable dos recursos, a fin de evitar impactos negativos sobre o medio natural. Nos nosos comportamentos persoais e profesionais, debemos abrazar principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes