Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
 Asignaturas
  Fundamentos metodolóxicos e profesionais do ensino das linguas e literaturas galega e castelá en educación secundaria
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A20 A21 A24 A27 C1 C3 C4 C6 Unha advertencia que engadimos ao dito no apartado de «Metodoloxía»: a asistencia regular é requisito indispensable para que o equipo docente tome en consideración as achegas que un/unha alumno/a faga no marco dos obradoiros. Considerarase regular a asistencia de todos/as os/as estudantes que estean presentes na aula, cando menos, nun 80 % das horas lectivas. 25
Traballos tutelados A20 A21 A24 A27 C1 C3 C4 C6 Nada que engadir ao que dixemos no apartado de «Metodoloxía». 75
 
Observacións avaliación

- Non se pode superar a materia sen obter, cando menos, o 50% dos puntos que están en xogo nos talleres (1,25 sobre 2,5) e no traballo tutelado (3,75 sobre 7,5). Se un/unha alumno/a ficou por baixo dos mínimos establecidos nunha das dúas partes, na segunda oportunidade só terá que repetir esa, e conservaráselle a nota que obtivese na outra. No caso de que non alcanzase o nivel-soleira en ningunha das partes, terá que repetir as dúas.

- Os/as estudantes que conten con dispensa académica suplirán a participación nas actividades presenciais someténdose a unha proba de ensaio (con outras palabras: a un exame final). O equipo docente proporcionará instrucións ao respecto con antelación suficiente. Cómpre indicar que o peso da proba de ensaio na cualificación final será superior ao do taller no caso do alumnado «común»: no canto dun 25 %, un 50 %. Sendo así, o peso do traballo tutelado —que será de autoría individual— terá que descender dun 75 % ata un 50 %, obviamente.

- Os traballos entregaranse, por defecto, de xeito telemático. De non ser posible, recoméndase que non se utilicen plásticos na encadernación, que se imprima a dobre cara e que se empregue papel reciclado. Cómpre, en suma, facer un uso sustentable dos recursos, a fin de evitar impactos negativos sobre o medio natural. Nos nosos comportamentos persoais e profesionais, debemos abrazar principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes