Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
 Asignaturas
  Innovación docente
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Dispoñibilidade dun dispositivo dixital con conexión a wifi. Recoméndase o envío dos traballos por vía telemática; se non fose posible, non utilizar plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Cómpre facer un uso sostible dos recursos e da prevención de impactos negativos sobre o medio natural, e ter en conta os principios éticos relacionados coa sostibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

A participación na materia de Innovación pretende crear unha situación de doble innovación, facendo que os estudantes experimenten o traballo por proxectos e deseñen unha proposta de innovación apoiada na aprendizaxe baseada en proxectos. Para iso teranse en conta os seguintes principios de procedemento:

a. Adaptación dos contidos a problemas reais da práctica da Educación Secundaria.
b. Desenvolvemento das competencias dixitais docentes, a través das materias especialmente, a Alfabetización Informacional (ALFIN) e a produción de contidos dixitais.
c. Produción dun banco de recursos e experiencias por parte do alumnado, facendo uso de recursos dixitais como marcadores sociais e outros.
d. Aplicación de categorías de reflexión e clasificación que podan ser usadas polo alumnado na descrición e análise de experiencias, estudos de caso, materiais, ferramentas, documentos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes