Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
 Asignaturas
  Iniciación á investigación educativa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A28 A33 A35 C1 C3 C5 Se presentará, de forma oral e cos recursos adecuados, a investigación ante a profesora e demais compañeiros/as de aula. Nesta, poderanse facer preguntas sobre a información presentada. A cualificación será a mesma para todo o grupo. 15
Investigación (Proxecto de investigación) A24 A28 A19 A33 A35 C1 C3 C4 C6 C7 C8 O proxecto de investigación se desenvolverá nas fases que requiren un traballo de campo, como recollida e análise de datos, obtención e discusión de resultados e extracción de conclusións. Isto se presentará nun informe escrito co título de investigación e que completa o Proxecto da investigación. A cualificación será a mesma para todo o grupo. 25
Aprendizaxe colaborativa A24 A28 A19 A33 A35 C1 C3 C4 C6 C8 Ao longo das sesións iranse desenvolvendo de forma teórica e práctica os diferentes apartados dun proxecto de investigación educativa centrado nunha temática seleccionada polo grupo de traballo. Isto se materializará nun informe escrito denominado “Proxecto de investigación”. A cualificación será a mesma para todo o grupo. 60
 
Observacións avaliación

Atendendo as Normas de Avaliación, revisión e
reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario a
materia aposta pola avaliación continua e as metodoloxías activas de
aprendizaxe. Para superar a materia o alumnado deberá acadar un 5 na cualificación
global da mesma.

Polo tanto, o día marcado no calendario oficial non se
realizará ningún exame, xa que a avaliación continua terá rematado ao finalizar
a docencia da materia.

O alumnado que durante o curso perda a condición de
asistente (80% da presencialidade nas sesións) terá que realizar as actividades
restantes de forma individualizada. 

Para o alumnado que por motivos xustificados non poda
asistir, se manterá o mesmo sistema de avaliación, polo que deberá estar
pendente das actividades e das datas de entrega das mesmas.

É obrigatorio que o alumnado
baixo esta modalidade (non asistente) o comunique nas dúas primeiras sesións do
cuadrimestre mediante unha titoría coas docentes. 

A convocatoria de Xullo estará destinada ao alumnado
que ben no superase a materia ou ben que non se presentase.


  • No
    primeiro caso (alumnado que non superou a materia na convocatoria de xuño),
    realizará novamente as actividades de avaliación continua que non aprobou.

  • No segundo caso (alumnado
    non presentado) realizará as actividades de avaliación continua.

Nos dous casos é preciso entregar as actividades con
data límite dúas semanas antes da data oficial do exame de xullo de 2023, na
que terá lugar, si é o caso, a presentación oral da investigación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes