Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
7 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Linguas Extranxeiras
 Asignaturas
  Didáctica. currículo e organización escolar
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Establécense unha serie de documentos de lectura obrigatoria que serán a base de referencia sobre o tratamento dos contidos que se abordarán en torno aos diferentes núcleos temáticos da materia. O alumnado -previa lectura individual- deberá realizar a análise destes diferentes documentos en pequeno grupo e grupo aula.

Durante o transcurso da materia proporanse 5/6 actividades de aula especificamente deseñadas para a análise en pequeno grupo dalgúns dos documentos máis relevantes. A realización destas actividades iniciarase na aula e será completada mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada da profesora aos diferentes grupos, ben nas sesións interactivas, ben en titorías. Para a realización destas análises tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia como outros complementarios, propostos polo alumnado ou a profesora. Os documentos resultantes da análise serán entregados nas datas que a profesora indique previamente e quedarán dispoñibles para a súa consulta na plataforma Moodle.

Portafolios do alumno O alumnado, en pequeno grupo, deberá elaborar un portafolios que enmarque os documentos de síntese das 5/6 actividades de aula nunha reflexión fundamentada e argumentada nos documentos de referencia da materia así coma noutros que o alumnado e a profesora consideren oportunos.

Ao inicio do curso proporcionarase un guión pormenorizado do portafolios. A realización de dito portafolios iniciarase na aula e será completado mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada da profesora aos diferentes grupos, ben nas sesións interactivas, ben en titorías. O portfolio resultante será entregado na data que a profesora indique previamente e quedará dispoñibles para a súa consulta na plataforma Moodle.
Proba mixta A proba mixta constituirá unha actividade final da materia de carácter computable a través da cal o alumnado deberá dar resposta a unha ou varias cuestións interrelacionadas facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, dacordo co conxunto de contidos abordados ao longo da materia.
Sesión maxistral Mediante as sesións maxistrais traballaranse os contidos que conforman o marco teórico-práctico a partir da exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento. Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes