Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
7 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Linguas Extranxeiras
 Asignaturas
  Didáctica. currículo e organización escolar
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A5 A9 A16 A17 A18 C4 C6 A proba mixta consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. 55
Portafolios do alumno A4 A5 A16 A17 A18 C4 C6 Para avaliar o portafolios teranse en conta aspectos ligados á estrutura e contido do mesmo.

a) Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva e seguimento de normas de citación-referenciación.
b) Contido: comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, uso das fontes traballadas no tratamento dos contidos ao longo do cuadrimestre así coma outras de interese e a adecuada xestión das mesmas.

Ademais, para matizar a cualificación do portafolios valorarase o traballo realizado polo alumnado a nivel de pequeno grupo ao longo de todo o curso.
45
 
Observacións avaliación
  1. O mestrado ten carácter presencial. O alumnado que por motivos comunicados á profesora ao inicio do curso non poda acudir ás sesións presenciais ou ao finalizar as mesmas teña unha asistencia inferior ao 80% deberá realizar e entregar o portafolios e as 5/6 actividades derivadas das lecturas de modo individual no mesmo tempo e forma que o resto do alumnado.
  2. Si un/a alumno/a cuxa asistencia é regular non acuda á clase o día de realización dalgunha actividade, deberá desenvolvela e entregala individualmente.
  3. O portafolios entregarase na data que se indique a inicio do curso. Para presentarse ao exame é condición indispensable ter presentado o portafolios e as 5/6 actividades de síntese das lecturas.
  4. A fin de facilitar a xestión da materia e o seguimento do alumnado será obligatoria -antes da segunda semana lectiva- a actualización do perfil persoal da plataforma Moodle, insertando unha foto actual. 
  5. Para superar a materia é necesario obter unha puntuación mínima do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación ("portafolios del alumno" e "proba mixta")
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes