Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
7 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Linguas Extranxeiras
 Asignaturas
  Didáctica. currículo e organización escolar
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A5 A9 A16 A17 A18 C4 C6 A proba mixta consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. 55
Portafolios do alumno A4 A5 A16 A17 A18 C4 C6 Para avaliar o portafolios teranse en conta aspectos ligados á estrutura e contido do mesmo.

a) Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva e seguimento de normas de citación-referenciación.
b) Contido: comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, uso das fontes traballadas no tratamento dos contidos ao longo do cuadrimestre así coma outras de interese e a adecuada xestión das mesmas.

Ademais, para matizar a cualificación do portafolios valorarase o traballo realizado polo alumnado a nivel de pequeno grupo ao longo de todo o curso.
45
 
Observacións avaliación

1. O mestrado ten carácter
presencial. O alumnado que, por motivos comunicados á profesora ao inicio
do curso, non poda acudir ás sesións presenciais -ou ao finalizar estas
teña unha asistencia inferior ao 80%- deberá realizar e entregar o
portafolios e as 5/6 actividades derivadas das lecturas de modo individual
no mesmo tempo e forma que o resto do alumnado. Este criterio é aplicable
ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia, que faga uso de dita dispensa.
2. Se un/unha alumno/a cuxa
asistencia é regular non acude á clase o día de realización dalgunha
actividade, deberá desenvolvela e entregala individualmente.
3. O portafolios entregarase na
data que se indique ao inicio do curso. Para presentarse ao exame é
condición indispensable ter presentado o portafolios e as 5/6 actividades
de síntese das lecturas.
4. Coa fin de facilitar a xestión
da materia e o seguimento do alumnado será obligatoria -antes da segunda
semana lectiva- a actualización do perfil persoal da plataforma
Moodle, insertando unha foto actual.
5. Para superar a materia é
necesario obter unha puntuación mínima do 50% do peso de cada unha das
partes obxecto de avaliación ("portafolios do alumno" e
"proba mixta").
6. Na 2ª oportunidade, os criterios de avaliación
serán os mesmos que os propostos para a 1ª convocatoria.

    Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes