Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
7 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Linguas Extranxeiras
 Asignaturas
  Función titorial e orientación académica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A7 A9 Consistente nunha batería de preguntas de resposta binaria e/ou múltiple. 30
Presentación oral A7 A9 A26 C1 C3 C4 Consistirá en expoñer algún traballo o parte do traballo feito tanto de xeito individual coma grupal 10
Aprendizaxe colaborativa A7 C1 C3 C4 Se formarán pequenos grupos de traballo para traballar as diferentes temáticas. 8
Discusión dirixida C4 Consistente en plantexar unha temática e propiciar o intercambio de opinións fundamentadas sobre ela. 2
Portafolios do alumno A7 A9 C1 C3 C4 No que irán recollendo toda a información dada así como as súas impresións persoais. 50
 
Observacións avaliación

A TOTALIDADE DOS ESTUDANTES subirán unha foto á plataforma moodle, na
primeira semana de clases do módulo


Os estudantes que non poidan asistir, polo menos ao 80% das clases, deberán
poñerse en contacto coa profesora para unha titoría na primeira quincena de
docencia, para informar da devandita situación.


O ALUMNADO QUE ASISTA A MENOS DUN 80% DAS CLASES SÓ TERÁ DEREITO A UN EXAME. O
exame divídese en dous partes: unha  tipo test (que puntuará sobre 10) e
outra  sobre supostos prácticos (que puntuará sobre 10). Para aprobar o
exame hai que ter aprobadas as dúas partes.


O alumnado asistente realizará unha proba tipo test que representa o 40% da
cualificación global. O resto da cualificación obterase coa realización dos
traballos de clase e o seguimento da metodoloxía establecida.


Para o alumnado con matrícula a tempo parcial establecerase unha modalidade de
avaliación específica que se concretará ao comezo da materia. Esta
modalidade  incopora atención personalizada e seguimento das actividades
propostas e unha proba tipo test que terá un peso na cualificación do 
40%. Na segunda oportunidade realizarase un exame  con preguntas de
carácter teórico e práctico.


Como consideración xeral, terase especialmente en conta as deficiencias
ortográficas de puntuación e acentuación, así como  unha redacción
inconexa ou inadecuada, deficiente presentación, excesivo número de riscadas,
etc. Todo elo suporá redución de puntos sobre a nota obtida.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes