Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
7 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Linguas Extranxeiras
 Asignaturas
  Función titorial e orientación académica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A5 A7 A9 A10 A26 C1 C3 C4 C7 No que se recollerá a actividade realizada, a súa avaliación; así coma as reflexións xeradas no grupo. Ademáis cada estudante deberá facer unha avaliación individual da materia e o traballo realizado nela. 40
Proba mixta A5 A7 A9 A10 A30 A34 A37 Que constará de preguntas tipo test de resposta múltiple (o 40% da cualificación da proba) e preguntas de desenvovemento con resposta breve (60% da proba). 40
Simulación A7 A12 A34 A37 C1 C3 C4 C7 Consistirá na presentación do traballo suxerido mediante un xogo de rol. 20
 
Observacións avaliación

ALUMNADO ASISTENTE

Para que os estudantes podan ser avaliados segundo a planificación
anterior, deben ter unha asistencia ás sesións interactivas, do 80%.

Para superar a materia é obrigatorio aprobar todas as metodoloxías
avaliables:

  1. Na proba mixta é preciso
    ter a lo menos o 50% de cada unha das dúas partes
  2. No portafolios grupal
    tamén é necesario acadar como mínimo o 50% da calificación otorgado. No
    portafolios, a avaliación pode ser diferente para cada integrante do grupo xa
    que estará supeditada ao grao de implicación amosado por cada persoa.
  3. Na Simulación é
    obrigatorio acadar polo menos o 50% da calificación. Deberán participar
    todos/as os/as integrantes do grupo para poder ser avaliados/as.

No caso de non aprobar unha das metodoloxías, a cualificación
final da materia será como máximo de 4 puntos.

ALUMNADO CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL
(DISPENSA ACADÉMICA)

O alumnado que teña recoñecida a dispensa de asistencia pola
Comisión Académica do título poderá acollerse á modalidade de avaliación
continua ou optar por asistir ao exame final cunha cualificación (calificación
do 100% da nota).


ALUMNADO NON ASISTENTE 

 O ALUMNADO QUE ASISTA A MENOS DUN 80% DAS SESIÓNS INTERACTIVAS,
deberá realizar un exame de carácter teórico-práctico que será o 100% da
cualificación final. É preciso ter superadas as diferentes partes que compoñan
o mesmo. 

 A segunda oportunidade estará sometida aos mesmos criterios de
avaliación que a primeira oportunidade.

Enténdese que o alumnado universitario ten asumidas as capacidades
lingüísticas en relación á expresión oral e escrita. Por tanto, é primordial e
obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación),
gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como condición
imprescindible para superar a materia. 

 No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das
probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14.
4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos
de grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e
a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet,
sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu
autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na
actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que
puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes