Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
7 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Linguas Extranxeiras
 Asignaturas
  Educación. sociedade e política educativa
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Educación. sociedade e política educativa Código 652609005
Titulación
7 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Linguas Extranxeiras
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Iglesias Salvado, Jose Luis
Correo electrónico
jose.luis.iglesias@udc.es
Profesorado
Iglesias Salvado, Jose Luis
Rouco Ferreiro, Javier Francisco
Correo electrónico
jose.luis.iglesias@udc.es
javier.rouco@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de Educación, Sociedade e Política Educativa proponse en primeira instancia informar ao alumnado das innumerables influencias que o sistema educativo recibe dada a súa innegable transcendencia nos procesos de socialización. Ao mesmo tempo pretende establecer e clarificar, con carácter informativo, cales son os criterios socio-educativos que inciden de maneira real no desenvolvemento da súa futura función como profesores de Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Trátase en definitiva de que o alumnado teña unha visión crítica, fundamentada e construtiva da nosa sociedade e dos diferentes aspectos político-sociais que inciden de maneira explícita ou implícita na Educación, e como consecuencia no seu traballo como docentes
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen –Sesión maxistral – Traballos tutelados (con atención personalizada que poderán ter carácter individual -caso da recensión bibliográfica- e ou grupal) (computa na avaliación) – Atención personalizada – Presentación Oral *Metodoloxías docentes que se modifican –Proba de ensaio(non se realizará, xa que a avaliacións deste coñecementos se incorpora a metodoloxía dos “Traballos tutelados”) – Análise de fontes documentais ( a avaliación deste coñecementos se incorpora a metodoloxía dos “Traballos tutelados”) – Lecturas 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: – Correo electrónico: para facer consultas, solicitar encontros virtuais, para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Moodle: Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. – Teams: sesións en pequeno grupo e en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación: Traballos tutelados (60%). En relación cos traballos tutelados valorarase: – A adecuación metodolóxica das propostas de traballo. –A profundidade do contido. –O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas. – O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar. – A utilización de fontes documentais complementarias e actuais. – A presentación e a claridade da exposición que terá un valor do 40% da nota que se sumará ao 60% do traballo tutelado *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: ? As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial. 1. SITUACIÓNS: A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%). B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%). 2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: 1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. 2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados). 3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique. 4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes