Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
7 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Linguas Extranxeiras
 Asignaturas
  Traballo fin de Mestrado
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados a) Estudos empíricos relacionados con calquera das liñas temáticas propias do mestrado e enmarcados no ámbito das competencias deste. b) Revisión e investigación bibliográfica centrada nalgún dos diferentes campos da titulación de mestrado. c) Análise de protocolos de actuación, unidades didácticas, proxectos socioeducativos ou calquera outro documento institucional, vinculadas a algún dos diferentes campos do mestrado. d) Deseño de unidades didácticas, proxectos educativos e socioeducativos de diversa índole, relacionados co mestrado.
Presentación oral SOLICITUDE DE DEFENSA: Unha vez finalizado o proceso de elaboración do TFM, e unha vez obtido o informe favorable do director/a do mesmo, o alumnado terá que presentar, no prazo e lugar establecido polo centro, 3 exemplares en papel do seu TFM e un en formato dixital, así coma o impreso de solicitude de avaliación.
DEFENSA: Unha vez que se faga púbica a convocatoria do tribunal, o alumnado debe presentarse á hora indicada e agardar a ser chamado polo secretario/a do mesmo. Para a defensa deberá acudir cun documento identificativo (DNI ou Pasaporte), e o resto de documentos que se soliciten, se é o caso. Para a exposición, que será pública, disporá dun tempo de 15 minutos e o tribunal disporá de 15 minutos para realizar as preguntas que estimen oportunas e debatir co alumno/a. O alumnado poderá utilizar canto material sexa preciso para a exposición.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes