Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
Inicio | galego | castellano | english | A A |
7 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Linguas Extranxeiras
Asignaturas
Traballo fin de Mestrado
Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A1 A2 A12 A17 C5 C6 C7 C8 Presentación e defensa
• Existencia e calidade nos medios e/ou materiais de apoio.
• Coherencia e claridade de ideas na exposición.
• Boa competencia lingüística oral.
• Capacidade de síntese
• Habilidade para responder na discusión.
No caso do itinerario de Arte na avaliación consideraranse, ademais, aspectos que teñen a ver coa tipoloxía do TFM-proceso.
20
Traballos tutelados A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 A14 A15 A16 A18 C1 C2 C3 C4 Cuestións formais (5%)
• Claridade de ideas, de exposición e de organización da información.
Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas pola Universidade da Coruña
• Relación e coherencia entre as partes do TFM.
• Boa calidade lingüística do discurso.

Fundamentación teórica (20%)
• Suficiencia e profundidade do marco teórico, de xeito que se demostre ter coñecementos sobre o desenvolvemento e nivel alcanzado no tema tratado.
• Creatividade e orixinalidade na presentación da temática, na súa abordaxe ou no seu tratamento.
• Referencia ós contidos traballados no Mestrado.
• Documentación de apoio actualizada e referencias bibliográficas citadas conforme ás normas propias dos traballos científicos e profesionais.

Desenvolvemento do TFM (30%)
• Nivel de concreción do TFM (obxectivos, metodoloxía, secuenciación, actividades, sistema de avaliación...).
• Viabilidade da proposta atendendo a súa contextualización.
• Adecuación ó marco lexislativo e curricular.
• Existencia e adecuación de criterios de avaliación da proposta.

Valoración persoal e conclusións FM (25%)
As conclusións do traballo presentado deberán ter unha extensión de entre cinco e oito páxinas. Na súa avaliación teranse en conta os seguintes criterios:
• Relación das conclusións cos obxectivos do TFM.
• Grao de integración dos coñecementos conseguidos nas distintas materias cursadas no Mestrado.
• Grao de desenvolvemento das competencias profesionais.

• Existencia e calidade nos medios e/ou materiais de apoio.
• Coherencia e claridade de ideas na exposición.
• Boa competencia lingüística oral.
• Capacidade de síntese
• Habilidade para responder na discusión.
No caso do itinerario de Arte na avaliación consideraranse, ademais, aspectos que teñen a ver coa tipoloxía do TFM-proceso.
80

Observacións avaliación

O alumnado disporá dunha convocatoria con dúas oportunidades de avaliación ou defensa pública do TFM: unha ordinaria e outra extraordinaria.
Para a avaliación dos TFM constituiranse tribunais (nomeados polo/a coordinador/a do mestrado) por cada unha das especialidades. Cada un estará formado por tres membros titulares e un ou dous/dúas suplentes.
O/a director/a do TFM non poderá formar parte da tribunal avaliadora correspondente, sempre e cando os recursos humanos o fixeren posible.
Para a defensa do TFM o alumnado disporá dun máximo de 20 minutos. Os membros do correspondente tribunal contarán tamén cun tempo máximo de 20 minutos para formularen cantas preguntas e suxestións estimaren necesarias.
Finalizadas todas as defensas de TFM da sesión correspondente, o tribunal publicará as cualificacións provisionais no taboleiro do mestrado.
En relación coa avaliación de cada traballo, o tribunal procederá a:
a) Cualificar o traballo realizado coa nota media das cualificacións emitidas por cada un dos membros. A cualificación poderá ser:
a. Non presentado
b. Suspenso: de 1 a 4.9
c. Aprobado: de 5 a 6.9
d. Notable: de 7 a 8.9
e. Sobresaliente: de 9 a 10
A mención de «matrícula de honra» poderá ser outorgada en caso de que os membros do tribunal estean de acordo na súa concesión por unanimidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes