Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
7 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Linguas Extranxeiras
 Asignaturas
  Contidos no ensino-aprendizaxe dunha lingua estranxeira
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A1 A2 A4 A5 Valorarase o compromiso continuo de cada estudante coa discusión dos temas propostos por os/as profesores/as e das presentacións do resto do alumnado. 20
Presentación oral A3 A16 A18 C2 C3 Valoraranse tanto os contidos espostos como o desenvolvemento da propia presentación (organización, coherencia, dotes expositivas, dominio da lingua inglesa e linguaxe corporal, entre outros aspectos). 50
Proba de ensaio C2 C6 Terase en conta tanto o desenvolvemento como a organización e estructura do tema e a calidade da lingua inglesa empregada. 30
 
Observacións avaliación

-Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en tempo e forma.

-Calquera falta á honorabilidade académica (e.g. plaxio, copia) suporá a descalificación automática das actividades e o suspenso da materia.

-Tanto a asistencia como a participación significativa na aula (ou de forma telemática) será valorada polo profesorado. 

-Na oportunidade de xullo e na convocatoria adiantada de decembro realizarase a proba mixta e entregaranse as actividades  equivalentes aos obradoiros.

-Na oportunidade de setembro sustituirase o traballo da presentación por un traballo escrito de 8 páxinas e unha presentación en formato pdf ou Power Point que deberán ser entregados ao profesor na data oficial do exame. 

-Na oportunidade de xullo recuperarase a proba oficial.

-Os/As alumnos/as que non fagan a súa presentación acadarán a cualificación de NP

-Os/as estudantes matriculados/as a tempo parcial que teñan concedida a dispensa académica deberán poñerse en contacto co profesor o antes posible para determinar as formas de avaliación en cada parte. 

-O alumnado con discapacidade poderá pedir asesoramento ao profesorado e á Unidade de Atención á Diversidade (ADI): http://www.udc.es/cufie/adi/ (tel. 881015622; email: adi@udc.es).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes