Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
7 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Linguas Extranxeiras
 Asignaturas
  Deseño curricular e didáctica da lingua estranxeira
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A19 A20 C2 Exercicios de análise crítica de lecturas. 15
Presentación oral A3 A5 A19 A20 C2 Presentación oral baseada no traballo tutelado. 35
Traballos tutelados A4 A5 A7 A9 A19 A20 C2 C6 Realización dun traballo sobre currículo ou unidade didáctica.
40
Discusión dirixida A3 A4 A5 A10 A19 C2 C6 Participación activa e realización das tarefas desenvoltas na aula. 10
 
Observacións avaliación

OBSERVACIÓNS: 

Para superar a materia é preciso realizar o traballo equivalente ou superior ao 50% das tarefas de avaliación. De non ser o caso, o/a alumno/a recibirá a cualificación de "non presentado". Así mesmo, o alumnado que non complete o traballo tutelado ou non faga a presentación oral será cualificado con “non presentado”.

O alumnado deberá preparar con antelación os exercicios e as lecturas recomendadas para a posterior discusión na aula. Así mesmo, o alumnado deberá comprobar de forma regular o curso virtual da materia e o correo electrónico,medios que se empregarán para o envío de información e para a comunicación de cambios de última hora.

Penalizaranse as malas prácticas académicas (copia, plaxio, autoplaxio, etc.). Os traballos escritos poderán ser revisados a través da aplicación Turnitin que detecta citas incorrectas, plaxio e outros tipos de fraude. Se isto ocorre, aplicaranse as normas contra o plaxio. Turnitin recoñece traballos previamente realizados por outras persoas (ou polo/a propio/a estudante) nesta universidade ou noutras, ademais doutros materiais localizados en Internet.

Todas as tarefas que forman parte da avaliación deben adecuarse aos requisitos mínimos de corrección lingüística (ortografía e gramática, puntuación, concordancia, precisión léxica, ou rexistro formal) propia do nivel en lingua inglesa esperado para o alumnado deste mestrado. Deficiencias nesta área serán penalizadas na cualificación.

O alumnado que non supere a materia en xaneiro terá outra oportunidade en xullo, seguindo o procedemento que se describe a continuación: 1) un traballo tutelado co mesmo valor porcentual (40%); 2) unha presentación oral, xa sexa en vivo ou enviada a través de vídeo gravación (35%); 3) Tarefas que poidan suplir os exercicios realizados nos seminarios ao longo do curso (25%). Os mesmos criterios serán aplicados á convocatoria adiantada de decembro e a oportunidade de setembro. 

O alumnado que oficialmente se matriculara a tempo parcial, e teña concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia desta universidade, será avaliado en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo. Os estudantes a tempo parcial que teñan concedida unha "dispensa académica" deben contactar co profesorado ao comezo do cuatrimestre para facer os axustes precisos nas distintas actividades.


ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Existe unha oficina (ADI) na universidade especializada en ofrecer atención aos membros da comunidade universitaria con necesidades especiais. O alumnado que o desexe pode poñerse en contacto  coa ADI en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 5622 ou na dirección de correo: adi@udc.es. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes