Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
7 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Linguas Extranxeiras
 Asignaturas
  Deseño curricular e didáctica da lingua estranxeira
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A19 A20 C2 Exercicios de análise crítica de lecturas. 15
Presentación oral A3 A5 A19 A20 C2 Presentación oral baseada no traballo tutelado. 35
Traballos tutelados A4 A5 A7 A9 A19 A20 C2 C6 Realización dun traballo sobre currículo ou unidade didáctica.
40
Discusión dirixida A3 A4 A5 A10 A19 C2 C6 Participación activa e realización das tarefas desenvoltas na aula. 10
 
Observacións avaliación

OBSERVACIÓNS: 

Para superar a materia é preciso realizar o traballo equivalente ou superior ao 50% das tarefas de avaliación. De non ser o caso, o/a alumno/a recibirá a cualificación de "non presentado". Así mesmo, o alumnado que non complete o traballo tutelado ou non faga a presentación oral será cualificado con “non presentado”.

O alumnado deberá preparar con antelación os exercicios e as lecturas recomendadas para a posterior discusión na aula. Así mesmo, o alumnado deberá comprobar de forma regular o curso virtual da materia e o correo electrónico, medios que se empregarán para o envío de información e para a comunicación de cambios de última hora.

Calquera caso de plaxio ou fraude académico significará un suspenso (0) na materia, tal e como aparece recollido no "Regulamento disciplinar do estudantado da UDC":

Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con suspenso (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Todas as tarefas que forman parte da avaliación deben adecuarse aos requisitos mínimos de corrección lingüística (ortografía e gramática, puntuación, concordancia, precisión léxica, ou rexistro formal) propia do nivel en lingua inglesa esperado para o alumnado deste mestrado. Deficiencias nesta área serán penalizadas na cualificación.

O alumnado que non supere a materia en xaneiro terá outra oportunidade en xullo, seguindo o procedemento que se describe a continuación: 1) un traballo tutelado co mesmo valor porcentual (40%); 2) unha presentación oral, xa sexa en vivo ou enviada a través de vídeo gravación (35%); 3) Tarefas que poidan suplir os exercicios realizados nos seminarios ao longo do curso (25%). Os mesmos criterios serán aplicados á convocatoria adiantada de decembro e a oportunidade de setembro. 

Alumnado con recoñecemento de DISPENSA ACADÉMICA:

Segundo o establecido na "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):

1. Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento.
2. Terán que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas datas establecidas polo docente. Se non se cumpre a entrega na data sinalada, non se admitirán os traballos entregados fora de prazo sen causa debidamente xustificada.
3. A cualificación será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o curso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeira oportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas (actividades/traballos e/ou proba).

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Existe unha oficina (ADI) na universidade especializada en ofrecer atención aos membros da comunidade universitaria con necesidades especiais. O alumnado que o desexe pode poñerse en contacto  coa ADI en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 5622 ou na dirección de correo: adi@udc.es. 

Igualdade de XÉNERO

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores e de autoras e propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas. Do mesmo xeito, traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, así como formentar valores de respecto e igualdade. No caso de detectarse situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes