Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
7 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Linguas Extranxeiras
 Asignaturas
  Metodoloxía do ensino-aprendizaxe da lingua estranxeira
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A5 A15 A17 A19 A21 A23 A28 C2 C3 Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e das comunicacións, que se basean na organización da aula en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. 30
Presentación oral A5 A15 A17 A18 A19 A22 A27 C2 Presentación oral dun tema relativo a metodololoxía (teorías, investigación, estratexias, aspectos prácticos, simulacións, etc.). 30
Discusión dirixida A5 A19 A27 C2 Participación mostrando pensamento crítico e reflexivo nos debates en torno aos distintos métodos/principios de ensino-aprendizaxe dunha lingua estranxeira. 10
Portafolios do alumno A3 A19 A27 A28 C2 C6 Carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo. É de carácter individual. 30
 
Observacións avaliación

Para superar a materia na convocatoria ordinaria o alumnado deberá asistir a un 80% das sesións presenciais.

Os items de avaliación son de obrigado cumprimento para aprobar a materia. A nota final será o resultado da suma das calificacións obtidas en cada un deles. 

Aquel
alumnado que non asista a un 80% das sesións presenciais ou non
supere a materia na convocatoria ordinaria, na convocatoria
extraordinaria de xullo serán avaliados polo mesmo método proposto
para aquelas persoas con dispensa académica.

AVALIACIÓN DE ALUMNADO A TEMPO PARCIAL E CON DISPENSA ACADÉMICA

O alumnado a tempo parcial e con dispensa académica deberase poñer en contacto coa profesora antes do comezo das clases para
acordar as datas de entrega do traballo individual e a presentación
oral.

- Presentación oral: 30%

- Traballo individual: 30%

- Proba mixta na data do calendario oficial: 40%

Os items de avaliación son de obrigado cumprimento para aprobar a
materia. A nota final será o resultado da suma das calificacións
obtidas en cada un deles.

A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios.

Importante: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes