Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
7 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Linguas Extranxeiras
 Asignaturas
  Avaliación do ensino-aprendizaxe da lingua estranxeira
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Recensión bilbiográfica A24 C2 C6 Lectura crítica dun libro, dun artigo ou dunha comunicación a un congreso. O proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á profesión docente. 20
Presentación oral A27 C2 Presentación oral dun tema relativo a avaliación (actividades ou tarefas de avaliación, teorías, investigación, aspectos prácticos, simulacións, deseño de actividades...). 30
Aprendizaxe colaborativa A24 A27 C4 C6 Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a do resto de membros do grupo.
30
Resumo A24 A27 C2 C4 C6 Síntese dos temas tratados na aula en forma de entradas dun diario de aula. 20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia na convocatoria ordinaria o alumnado deberá asistir polo menos a un 80% das sesións presenciais.

Os items de avaliación son de obrigado cumprimento e para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación de 5 ou superior sobre 10. A nota final será o resultado da suma das cualificacións obtidas en cada un deles. 

A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios e instrumentos.

AVALIACIÓN DE ALUMNADO CON DISPENSA ACADÉMICA

O alumnado con dispensa académica de exención de asistencia, solicitada formalmente en tempo e forma, deberá informar á profesora ao comenzo das clases e será avaliado na convocatoria ordinaria como o resto de alumnado presencial mediante os seguintes ítems:

- Presentación oral: 30%

- Traballo individual: 30%

- Recensión bibliográfica: 20%

- Resumo (diario): 20%

AVALIACIÓN DE ALUMNADO NON PRESENCIAL

O alumnado que non asista polo menos a un 80% das sesións presenciais deberá informar á profesora ao comenzo das clases e será avaliado na convocatoria extraordinaria de xullo mediante os seguintes ítems: 

- Presentación oral: 30%

- Traballo individual: 30%

- Recensión bibliográfica: 20%

- Resumo (diario): 20%

ImportanteA realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes