Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
7 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Linguas Extranxeiras
 Asignaturas
  Innovación docente
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A26 Realización na aula dunha das actividades que forman parte da propuesta de innovación elaborada no traballo tutelado con participación obligatoria de todo o alumnado tanto na presentación da experiencia de cada grupo como na recepción do resto das experiencias. Outra opción será a realización dunha reflexión individual sobre a proposta de innovación elaborada en grupo, asi como os contidos traballados na aula.
30
Traballos tutelados A25 A26 C8 Realización de tódalas tarefas implicadas no deseño da proposta de innovación. A estrutura do traballo será presentada na aula así como os criterios de avaliación específicos.

A avaliación da parte realizada en grupo será do 30% da calificación total e a parte realizada por cada persoa, será o 70% do total.
70
 
Observacións avaliación

Os contidos incluidos no traballo deben estar apropiadamente referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias usando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declararse usando as normas APA 6ª edición. No parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran. A presenza de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade que é requisito imprescindíbel para demostrar excelencia académica.

Recoméndase consultar

www.suagm.edu/umet/biblioteca/pdf/GuiaRevMarzo2012APA6taEd.pdf

http://www.ugr.es/~plagio_hum/0401Prevencion.htm

Política antiplaxio:

As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse; o uso de texto literal ou ideas doutros autores ou autoras parafraseadas sen declarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013, na que se indica que “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade".

Recoméndase consultar:

http://www.ugr.es/~plagio_hum/

http://blogbibliotecas.mecd.gob.es/2015/01/22/plagio-academico/

Composición grupo e traballo individual:

Ao longo da realización do traballo e nas diversas convocatorias de avaliación pode haber variacións na composición dos grupos e no número de membros según criterio da profesora. Excepcionalmente pode decidirse a realización individual do traballo

Asistencia:

A asistencia ás sesións presenciais é obligatoria.

Na primeira oportunidade a cualificación final será a media ponderada das notas dos traballos e da proba escrita, debendo obter en ambas partes un aprobado (5). Se o/a alumno/a non alcanza o 80% de asistencia non se avaliará o traballo realizado ao longo do curso e a calificación será de "non presentado".

O alumnado que na primeira oportunidade obtivera unha nota inferior a 5 na proba escrita deberá repetila na segunda. Se non alcanzou a porcentaxe de asistencia esixido deberá realizar un exame práctico. A cualificación final será a media ponderada das notas obtidas, debendo obter en cada parte un aprobado (5).

É obrigatoria a asistencia do/a alumno/a ao 80% das sesións. Se non alcanza dita porcentaxe e non realiza a proba mixta final, a cualificación final na primeira oportunidade será "non presentado".

Se realiza a proba mixta final sen superar o requisito de asistencia, a cualificación final do alumno será "suspenso" cunha nota numérica global resultado de dividir por dous a suma de todas as notas obtidas polo/a alumno/a ao longo do curso, tanto na avaliación continuada do traballo realizado como en dita proba final.

Dispensa académica de exención de asistencia

Aqueles/as alumnos/as que conten coa dispensa académica de exención de asistencia serán avaliados a través do traballo e proba individual, ao igual que aqueles/as que non cumpran a asistencia do 80% das sesións presenciais. A nota final será a media das cualificacións obtidas en ambas partes, solicitándose en cada unha delas unha nota igual ou superior a 5 sobre 10 para aprobar a materia.

Linguaxe non discriminatoria

É obrigatorio o uso dunha linguaxe correcta, respectuosa e inclusiva, evitando termos discriminatorios relativos ao xénero, a etnia, a procedencia social, a diversidade funcional, a orientación sexual, etc. O incumprimento deste requisito traerá consigo consecuencias negativas na nota de ata un punto menos.

Transversalidade de xénero e interculturalidade

Valorarase positivamente o deseño de accións inclusivas en materia de xénero e interculturalidade na proposta de innovación, cando menos cun punto máis.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes