Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
7 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Linguas Extranxeiras
 Asignaturas
  Iniciación á investigación educativa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A28 A33 A35 C3 C4 C5 C8 Ao longo das sesións iránse desenvolvendo de forma teórica e práctica os diferentes apartados dun proxecto investigador centrado nunha temática relacionada cos contidos do módulo. O alumnado deberá desenvolver eses contidos de forma escrita, xustificando cada decisión tomada. Poderase realizar de forma individual ou grupal e será entregado na data indicada polo docente o primeiro día de clase. 50
Proba mixta A19 A24 A28 C1 C8 Proba escrita na que se valorará a adquisición dos coñecementos teórico e prácticos da asignatura por medio dunha proba que incorporará todos os contidos abordados na materia.

Os tipos de preguntas poderán ser de verdadeiro/falso (V/F), resposta múltiple e/ou resposta curta.
30
Presentación oral A28 C3 C1 O proxecto investigador proposto será presentado de forma oral, e valorarase seguindo criterios relacionados coa calidade e a claridade na exposición, a capacidade de axustarse aos tempos esixidos e o emprego de recursos innovadores. 20
 
Observacións avaliación

A asistencia a clase é obrigatoria (80%). Tendo en conta a posible
existencia de alumnado que, polas súas circunstancias particulares non cumpla
co requisito de asistencia, terase en conta diversas modalidades de avaliación
segundo o réxime de adicación do alumnado: 

 



(a)
Alumnado asistente: o que cumpra co requisito de asistencia dun 80%
(sesións teóricas e prácticas). Será avaliado seguindo os criterios propostos
para a "Avaliación" da materia, sendo necesario que realice o
traballo tutelado (50%), a presentación oral (20%) e a proba mixta (30%). Debe
acadar o 50% da calificación en cada unha das metodoloxías de avaliación para
superar a materia. No caso de non acadar o 50% nalgunha das partes, a
calificación final será de 4 puntos. 

(b) Alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial:
atendendo á norma que regula o régimen de adicación ao estudo e a permanencia e
progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade da
Coruña (aprobada en Consello de Goberno o 28 de xuño de 2016), nos seus artigos
4, 5 e 6, será necesario que este alumnado solicite a dispensa e a entregue ao
docente. O alumnado que se adhira a esta modalidade terá que presentar a
proposta de proxecto investigador que será valorada cun 50% da calificación
final da materia (o prazo máximo de entrega será o mesmo que para os seus
compañeiros/as asistentes) e terá que realizar o exame da proba mixta, cuxa
calificación será o 50% da nota final. Debe acadar o 50% da calificación en
cada unha das metodoloxías de avaliación para superar a materia. No caso de non
acadar o 50% nalgunha das partes, a calificación final será de 4 puntos. 

(c) Alumnado non asistente: aquel que non cumpre co requisito de
asistencia mínimo do 80%. Será avaliado únicamente a través da proba mixta, se
bien esta proba conterá dúas partes, unha delas (50%) referida a preguntas
sobre os contidos prácticos da materia e a outra (50%) na que se avalíen os
contidos teóricos. Debe acadar o 50% da calificación en cada unha das
metodoloxías de avaliación para superar a materia. No caso de non acadar o 50%
nalgunha das partes, a calificación final será de 4 puntos. 

Os traballos serán entregados fundamentalmente en
formato dixital, e nos casos que a entrega sexa en papel este deberá ser
reciclado, evitántodose o uso de plásticos. Ademásis se esixirá a utilización
dunha linguaxe non sexista e non discriminatorio.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes