Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
9 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Música
 Asignaturas
  Función titorial e orientación académica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Simulación A7 A12 A34 C1 C3 C4 C7 Consistirá na representación do traballo realizado na aula 20
Portafolios do alumno A5 A7 A9 A10 A26 C1 C3 C4 C7 No que se recollerá a actividade realizada, a súa avaliación; así coma as reflexións xeradas no grupo. Ademáis cada estudante deberá facer unha avaliación individual da materia e o traballo realizado nela. 50
Proba obxectiva A7 A10 A30 C7 Será una proba tipo test de resposta múltiple onde só unha opción será a verdadeira 30
 
Observacións avaliación

ALUMNADO ASISTENTE

Para que os estudantes podan ser avaliados segundo a
planificación anterior, deben ter unha asistencia ás sesións interactivas, do
80%.

Para superar a materia é obrigatorio aprobar todas as
metodoloxías avaliables:

Na proba obxectiva é preciso ter a lo menos o 50% da
puntuación otorgada á mesma.

No portafolios grupal tamén é necesario acadar como mínimo o
50% da calificación otorgada. No portafolios, a avaliación pode ser diferente
para cada integrante do grupo xa que estará supeditada ao grao de implicación
amosado por cada persoa  e a
cumplimentación dos apartados que teñan carácter individual.

Na Simulación é obrigatorio acadar polo menos o 50% da
calificación. Deberán participar todos/as os/as integrantes do grupo para poder
ser avaliados/as.

No caso de non aprobar unha das metodoloxías, a
cualificación final da materia será como máximo de 4 puntos.

 

ALUMNADO CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL (DISPENSA
ACADÉMICA)

O alumnado que teña recoñecida a dispensa de asistencia pola
Comisión Académica do título poderá acollerse á modalidade de avaliación
continua ou optar por asistir ao exame final realizando unha proba similar á do
alumnado non asistente.

  

ALUMNADO NON ASISTENTE (non asiste como mínimo o 80% das aulas)

 Neste caso a avaliación consistirá nunha proba de carácter
mixto:

1)     
Un exame tipo test que terá un peso na
avaliación final do 40%

2)     
Unha parte de preguntas de resposta breve que terá
un peso do 60%. É preciso ter superado o 50% en cada unha das partes para poder
sumar as puntuacións obtidas e aprobar a asignatura.

 

A segunda oportunidade estará sometida aos mesmos
criterios de avaliación que a primeira oportunidade.

 

Enténdese que o alumnado universitario ten asumidas as
capacidades lingüísticas en relación á expresión oral e escrita. Por tanto, é
primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e
puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como
condición imprescindible para superar a materia.

No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das probas de
avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14. 4. Normas
de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a
utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet,
sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu
autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na
actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que
puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes