Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
9 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Música
 Asignaturas
  Practicum
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A32 A33 A34 A35 O/a titor/a da Facultade realizará a avaliación do contido do traballo cos seguintes criterios: - Capacidade de relación teoría-práctica - Dominio conceptual e capacidade analítica - Capacidade para relacionar ideas e accións - Capacidade de argumentar e fundamentar - Expresión escrita propia e claridade expositiva - Capacidade de descrición de escenarios, situacións e accións - Capacidade de autoavaliación e autocrítica - Orixinalidade da proposta 50
Saídas de campo A33 A34 A35 O/a titor/a da institución colaboradora realizará a avaliación da implicación e actuación do alumnado no centro/aula. 50
 
Observacións avaliación
A cualificación das prácticas poderá ser: non presentado, suspenso (1 a 4.9), aprobado (5 a 6.9), notable (7 a 8.9) e sobresaliente (9 a 10). A cualificación final será o resultado da media entre a cualificación outorgada polo/a titor/a do centro e polo/a titor/a da Universidade. Para superar as prácticas hai que conseguir o aprobado nas dúas cualificacións. No caso de non aprobar algunha das partes da materia, a nota final será a nota da parte non superada.
Na segunda oportunidade de avaliación: a memoria pode recuperarse, polo
que o alumnado que non supere esta parte na primeira oportunidades terá a
ocasión de mellorala para a segunda. Non presentar o portafolios tendo as prácticas superadas supón como cualificación un suspenso na primeira oportunidade. As practicas non poden recuperarse, polo que a cualificación obtida nas
mesmas na primeira oportunidade, mantense para a segunda.

A revisión, que se fará diante do profesorado titor da UDC, servirá para reconsiderar, de ser o caso, a cualificación da memoria. En canto ás cualificacións outorgadas polos/as titores/as de centro, o
alumnado pode pedir que se lle dean a coñecer as puntuacións concedidas
nas diferentes casas da "grella" de avaliación, o que fará o seu
profesorado titor de facultade na data de revisión para a súa
cualificación na materia.

Non realizar as prácticas estando matriculado na materia supón un NP.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes