Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
9 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Música
 Asignaturas
  Áreas de Investigación que Informan a Educación Musical
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A15 A16 A17 A19 A22 A26 C2 C3 C6 A avaliación deste apartado contemplará os seguintes aspectos:
• Utilización adecuada de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos.
• Calidade e fiabilidade dos diferentes datos conseguidos a través das TIC.
• Emprego correcto dos datos bibliográficos na elaboración de traballos escritos.
15
Presentación oral C1 O traballo tutelado será presentado de forma oral nunha exposición que terá como duración máxima 15 minutos. Os criterios de avaliación contemplarán os seguintes aspectos:
• Claridade na exposición.
• Axuste ao tempo establecido.
• Emprego correcto dos recursos de apoio (gráficos ou auditivos)
15
Traballos tutelados A25 A26 C1 C4 C7 C8 O traballo será elaborado individualmente e desenvolverá un tema relacionado coa materia. Desde o punto de vista formal, axustarase ás normas esixidas no TFM. Os criterios de avaliación contemplarán os seguintes aspectos:
• Orixinalidade.
• Creatividade.
• Utilidade práctica e viabilidade.
• Coherencia cos obxectivos e os contidos expostos.
70
 
Observacións avaliación
O alumnado con dispensa académica de exención de asistencia, do mesmo xeito que o que non alcance un 80% de asistencia ás sesións presenciais, será avaliado mediante os apartados establecidos de forma xeral, o que terá unha ponderación do 40% esixíndose, en cada un dos apartados, unha cualificación igual ou superior a 5 sobre 10. Neste caso, ademais, deberá realizar unha proba individual que terá unha ponderación do 60%. 
Os seguintes aspectos afectarán negativamente a cualificación nos traballos escritos: 
  • Deficiencias ortográficas. 
  • Redacción inconexa ou inadecuada. 
  • Presentación deficiente. 
  • A detección de plaxio supoñerá a cualificación de 0. En caso de reiteración, darase traslado á Comisión Académica para a toma de medidas oportunas. 
Farase especial fincapé no coidado do medio ambiente en prol dunha educación e sociedade sustentable. Atendendo a isto, a presentación dos traballos será en formato dixital.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes