Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
9 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Música
 Asignaturas
  Áreas de Investigación que Informan a Educación Musical
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe servizo A15 A16 A22 C4 C6 C8 A presentación deste traballo formará parte do documento xeral mediante o cal se avaliará o Traballo Tutelado.
Para a súa valoración teranse en conta os seguintes criterios:
• Afinidade da proposta cos contidos da materia
• Relevancia da problemática elixida desde o punto de vista social

10
Análise de fontes documentais A15 A16 A17 A19 A22 A26 C2 C3 C6 A avaliación deste apartado contemplará os seguintes aspectos:
• Utilización adecuada de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos.
• Calidade e fiabilidade dos diferentes datos conseguidos a través das TIC.
• Emprego correcto dos datos bibliográficos na elaboración de traballos escritos.
10
Presentación oral C1 O traballo tutelado será presentado de forma oral nunha exposición que terá como duración máxima 15 minutos. Os criterios de avaliación contemplarán os seguintes aspectos:
• Claridade na exposición.
• Axuste ao tempo establecido.
• Emprego correcto dos recursos de apoio (gráficos ou auditivos)
20
Traballos tutelados A25 A26 C1 C4 C7 C8 Este traballo será elaborado, individualmente ou en pequenos grupos, sobre un tema propio da materia. Nun dos apartados, a temática elixida deberá ser vinculada a un proxecto Aprendizaxe Servizo.
Desde o punto de vista formal, axustarase ás normas esixidas no TFM. Os criterios de avaliación contemplarán os seguintes aspectos:
• Orixinalidade.
• Creatividade.
• Utilidade práctica e viabilidade.
• Coherencia cos obxectivos e os contidos expostos.
60
 
Observacións avaliación
O alumnado con dispensa académica de exención de asistencia, do mesmo xeito que o que non alcance un 80% de asistencia ás sesións presenciais, será avaliado mediante os apartados establecidos de forma xeral, o que terá unha ponderación do 40% esixíndose, en cada un dos apartados, unha cualificación igual ou superior a 5 sobre 10. Neste caso, ademais, deberá realizar unha proba individual que terá unha ponderación do 60%. 

Como consideración xeral, terase especialmente en conta, tanto nos exames como nos traballos, as deficiencias ortográficas de puntuación e acentuación, así como unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación, excesivo número de tachaduras, etc. Todo elo suporá a redución de puntos sobre a nota obtida.
No caso no que o profesorado detecte realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14.4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen perxuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".
Nesta materia, se o profesorado detecta plaxio nalgún traballo, suporá un 0 na cualificación. No caso de reiteración, darase traslado á Comisión Académica para a toma de medidas oportunas.

Farase especial fincapé no cuidado do medio ambiente en pro dunha educación e sociedade sostible. Os traballos serán enviados exclusivamente telemáticamente, e de non ser posible, nos documentos impresos non se empregarán plásticos, elixirase a impresión a dobre cara e papel reciclado, evitando imprimir borradores.

Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Para elo, sempre que sexa posible na elaboración dos traballos empregarase material de reciclaxe e evitarase o emprego de materiais de plástico na entrega dos mesmos.

Evitaráse a discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. Usarase linguaxe non sexista.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes