Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
9 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Música
 Asignaturas
  Recursos Tecnolóxicos para a Educación Musical
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A15 A21 A23 A25 C2 C3 C6 C7
O portafolio será elaborado individualmente e recollerá as actividades realizadas durante o curso. O documento conterá texto, exemplos gráficos e arquivos de audio (mp3 ou MIDI), que serán entregados para a súa avaliación integramente en formato dixital.
Os criterios de avaliación contemplarán os seguintes aspectos:
• Estrutura formal.
• Claridade nas formulacións.
• Calidade dos gráficos e os exemplos auditivos.
• Coherencia cos obxectivos e os contidos propios da materia.
70
Obradoiro A16 A21 A22 A23 A25 A26 C2 C3 C4 C6 C7 Valorarase a participación individual ou colectiva nas distintas actividades que se indiquen. 30
 
Observacións avaliación
O alumnado con dispensa académica de exención de asistencia, do mesmo xeito que o que non alcance un 80% de asistencia ás sesións presenciais, será avaliado mediante os apartados establecidos de forma xeral, o que terá unha ponderación do 40% esixíndose, en cada un dos apartados, unha cualificación igual ou superior a 5 sobre 10. Neste caso, ademais, deberá realizar unha proba individual que terá unha ponderación do 60%. 
Os seguintes aspectos afectarán negativamente a cualificación nos traballos escritos: 
  • Deficiencias ortográficas. 
  • Redacción inconexa ou inadecuada. 
  • Presentación deficiente. 
  • A detección de plaxio supoñerá a cualificación de 0. En caso de reiteración, darase traslado á Comisión Académica para a toma de medidas oportunas. 
Farase especial fincapé no coidado do medio ambiente en prol dunha educación e sociedade sustentable. Atendendo a isto, a presentación dos traballos será en formato dixital.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes