Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
9 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Música
 Asignaturas
  Proxectos de Innovación e Investigación Educativa en Música
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A25 A26 A28 C8 Fundamentación teórica da memoria da proposta de Aprendizaxe e Servizo na materia "Proxectos de Innovación e Investigación Educativa en Música".
- Para o alumnado con dispensa académica, fundamentación teórica da súa proposta de APS.
10
Traballos tutelados A25 A26 A28 C1 C3 C4 C6 Desenvolvemento escrito dunha memoria da proposta de Aprendizaxe e Servizo na materia "Proxectos de Innovación e Investigación Educativa en Música".
- A entrega da actividade realizarase a través da aula virtual (moodle).
- O alumnado con dispensa académica realizará unha proposta de APS debidamente fundamentada e desenvolvida
40
Aprendizaxe colaborativa A25 A26 A28 C1 C3 C4 Desempeño e colaboración durante a planificación da proposta de aprendizaxe e servicio na aula.
- Su evaluación será llevada a cabo a través de una rúbrica.
- El alumnado con dispensa académica realizará una propuesta de APS debidamente fundamentada y desarrollada.
25
Aprendizaxe servizo A25 A26 A28 C1 C3 C4 C6 C8 Desempeño e involucración durante a posta en prática da aprendizaxe e servizo (ApS) nun centro educativo.
- A avaliación levarase a cabo a través dunha rúbrica.
- O alumnado con dispensa académica realizará unha proposta de APS debidamente fundamentada e desenvolvida.
25
 
Observacións avaliación
Para aprobar a asignatura é necesario aprobar cada un dos apartados anteriores. No caso contrario non se fai media.
A asistencia ás clases presenciais é obrigatoria. O alumnado, individualmente ou en pequeno grupo (como máximo 2/3 alumnos/as) entregará, unha vez rematadas as clases presenciais, o traballo realizado. Se o estudante non chega a unha asistencia do 80% das
clases presenciais; deberá ser avaliado, ademáis de polo mesmo que todo o
alumnado, por unha proba individual. Neste caso, terá un peso do 60% e o
traballo terá unha ponderación do 40%, esixíndose en cada unha delas unha nota
igual ou superior a 5 sobre 10.
Como consideración xeral, terase especialmente en conta, tanto nos exámes como nos traballos, as deficiencias ortográficas de puntuación e acentuación, así como unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación, excesivo número de tachaduras, etc. Todo elo suporá a
redución de puntos sobre a nota obtida.




















No caso
no que o profesorado detecte realización fraudulenta (plaxio) das probas de
avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14.4. Normas de
avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a
utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da
internet sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, ou permiso
do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na
actividade. Todo iso sen perxuízo das responsabilidades disciplinarias ás que
puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".
Nesta
materia, se algún dos docentes detecta plaxio nalgún traballo, suporá un 0 na
cualificación. No caso de reiteración, darase traslado á Comisión Académica
para a toma de medidas oportunas.
Farase especial fincapé no cuidado do medio ambiente en pro dunha educación e sociedade sostible. Os traballos serán enviados exclusivamente telemáticamente, e de non ser posible, nos documentos impresos non se empregarán plásticos, elixirase a impresión a dobre cara, e papel
reciclado, evitando imprimir borradores.
Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Para elo, sempre que sexa posible
na elaboración dos traballos empregarase material de reciclaxe e evitarase o
emprego de materiais de plástico na entrega dos mesmos.





















Evitaráse
a discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para
corrixilas. Usarase linguaxe non sexista.






Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes