Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
8 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Artes Plásticas e Visuais
 Asignaturas
  Función titorial e orientación académica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Simulación A7 A12 A34 C1 C3 C4 C7 Consistirá na representación do traballo realizado na aula. 20
Portafolios do alumno A5 A7 A9 A10 A26 C1 C3 C4 C7 No que se recollerá a actividade realizada, a súa avaliación; así coma as reflexións xeradas no grupo. Ademáis cada estudante deberá facer unha avaliación individual da materia e o traballo realizado nela. 50
Proba obxectiva A7 A10 A30 C7 Será unha proba tipo test a realizar só polo alumnado que asiste ás aulas de xeito regular e que, polo tanto, prese3nta o portafolios de competencias adquiridas ao longo das diferentes sesións. Será unha proba de resposta múltiple onde só unha opción será a verdadeira. 30
 
Observacións avaliación

ALUMNADO ASISTENTE

Para que os estudantes podan ser avaliados
segundo a planificación anterior, deben ter unha asistencia ás sesións
interactivas, do 80%.

Portafolios do alumno/a (grupal):

Constará de tres partes:

1) Na que se recollerá a actividade
realizada no grupo interactivo (en base ao suposto que se facilite e as fases
de desenrolo de este), así como unha reflexión grupal das competencias
adquiridas atendendo tamén ao seu desenvolvemento ao escenificalo na aula.

2) A avaliación que fan do seu propio
traballo (unha nota numérica que deberán argumentar) e do exposto polos demáis
compañeiros/as na aula (unha nota numérica que deberán argumentar). 

3) A avaliación da asignatura incidindo sobre
todo nos aspectos de mellora.

IMPORTANTE: Será necesario obter alomenos
o 50% da puntuación otorgada a cada parte avaliable para superar a asignatura

Na simulación deberán
participar todos/as os/as integrantes do grupo para poder ser avaliados/as.

 

ALUMNADO CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL
(DISPENSA ACADÉMICA)

O alumnado que teña recoñecida a dispensa
de asistencia pola Comisión Académica do título poderá acollerse á modalidade
de avaliación continua ou optar por asistir ao exame final realizando unha
proba similar á do alumnado non asistente.

 

ALUMNADO NON ASISTENTE

Neste caso a avaliación consistirá nunha
proba de carácter mixto:

 - Un exame tipo test que terá
un peso na avaliación final do 40%

 - Unha parte de preguntas de
resposta breve que terá un peso do 60%. É preciso ter superado o 50% en cada
unha das partes para poder sumar as puntuacións obtidas e aprobar a asignatura.

A segunda oportunidade estará sometida aos mesmos criterios de
avaliación que a primeira oportunidade.

Enténdese que o alumnado universitario ten
asumidas as capacidades lingüísticas en relación á expresión oral e escrita.
Por tanto, é primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía,
acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames
realizados como condición imprescindible para superar a materia.

No relativo á realización fraudulenta
(plaxio) das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no
artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións
dos estudos de grao e mestrado universitario: "Na realización de
traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel
obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é
ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de
cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das
responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente
procedemento".

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes