Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
8 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Artes Plásticas e Visuais
 Asignaturas
  Pedagoxía. socioloxía e psicoloxía das artes plásticas e visuais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A3 Seguimento do traballo diario e entregas proxectos 100
 
Observacións avaliación

Entendendo o proceso creativo como unha secuencia ligada o tempo, non se pode entender a avaliación como un proceso simplemente cuantitativo, senon como un punto de chegada a un determinado estadio que implica unha relación entre o alumnado e o profesorado diferente da tradicional. A capacidade de reflexión e autocrítica debe indicarnos máis que unha simple avaliación clásica.

Alumnado con recoñecemento de dispensa
académica

Segundo o establecido na "NORMA QUE REGULA O
RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE
GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello
Social do 04/05/2017):

1.  
Deberá poñelo en
coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora
posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o
recoñecemento.

2.  
Terán que realizar,
individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e
entregalos nas datas establecidas polo docente.

3.  
A cualificación será
a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o
curso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames,
debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder
superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na segunda
oportunidade, deberán repetir todas as partes non aprobadas (actividades/traballos
e/ou proba).

Implicacións da fraude académica na
realización das probas ou actividades de avaliación (segundo a normativa vixente): 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación
de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será
cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria
correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se
produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase
a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se
fose necesario.

Recoméndase os envíos dos traballos telematicamente e de non ser posíbe,
non utilizar plásticos, elixir a impresión a dupla cara, empregar papel
reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sustentábel
dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio
natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais
e profesionais.

O alumnado con dispensa académica cumplirá coas mesmas obrigas no que fai referencia á avaliació co resto do alumnado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes