Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
8 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Artes Plásticas e Visuais
 Asignaturas
  Recursos. estratexias e materiais didácticos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 A3 A5 A6 A7 A8 A9 C4 C5 C8 A importancia do traballo previo. Estudio das realizacións alleas. 15
Obradoiro A1 A4 A10 C4 C6 Traballo en común, na aula e a distancia. 35
Portafolios do alumno A1 A3 A4 A6 A7 Amosasr a personalidade e realizacións persoais. 40
Presentación oral A1 A3 A6 A8 A10 Capacidade de comunicación. 10
 
Observacións avaliación

A avaliación atenderá a consecución dos obxectivos propostos. No caso do presente módulo, a avaliación versará sobre a capacidade de comunicación didáctica e artística do traballo do alumno.
Os materiais serán considerados en función de que logren a comunicación pretendida, e que esta teña a cualidade plástica demandada.

Os instrumentos de avaliación serán os traballos, recursos, que o alumno elabore. 

NORMAS ESPECÍFICAS DE AVALIACIÓN PARA:



Alumnado con recoñecemento de dispensa
académica


Segundo o establecido na " NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A
PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA
UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):

1.  Deberá poñelo en
coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora
posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o
recoñecemento.

2.  Terán que realizar,
individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e
entregalos nas datas establecidas polo docente. Se non se cumpre a entrega na data sinalada considerarase non presentado.

A cualificación será a media ponderada das notas das actividades e
traballos realizados durante o curso e da nota da proba realizada na data do
calendario oficial de exames, debendo obter en cada unha das partes un aprobado
(5 sobre 10) para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das
partes na segunda oportunidade, deberán repetir todas as partes non aprobadas
(actividades/traballos e/ou proba).


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes