Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Teoría da educación
   Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Portafolios do alumno
Descrición
Para o desenvolvemento dos diferentes traballos (individuais ou en pequeno grupo) que se plantexen durante o cuatrimestre, o alumnado contará coa orientación e o apoio do profesor/a durante as sesions interactivas, nas horas destinadas ás titorías no despacho, a través do correo electrónico, ou a través de Teams.

Para o desenvolvemento do traballo tutelado e a súa presentación oral, será preciso participar, como mínimo, nunha sesión de titorización, nas que facer o seguimento por parte da docente. Esta sesión será acordada coa docente.

Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. Agradécese que calquera necesidade e proposta de mellora sexa comunicada.

O alumnado non asistente deberá comunicar a súa situación a inicio de curso e, en base a iso, planificarase co/a docente un calendario de titorías e seguemento da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes