Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Teoría da educación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A20 B4 B9 B10 B12 B14 B16 B18 B22 B24 B1 B2 C7 C8 C1 Deberá incluír unha recensión sobre un libro relacionado coa temática, así como o estudo de caso sobre unha experiencia, programa, recurso, etc. Tamén se poderá solicitar, de ser o caso, a análise de novas de prensa.
Valorarase especialmente: a coherencia interna; a profundidade do contido; a capacidade para establecer sinerxías; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar; a utilización de fontes documentais complementarias e actuais; a presentación; entre outros.
A súa entrega e avaliación terá lugar ao finalizar o cuadrimestre, sendo un traballo final de curso, que require dunha abordaxe completa e holística da materia.
25
Presentación oral A20 B7 B9 B10 B16 B23 B1 C7 C8 C1 C2 C7 A valoración do traballo presentado terá carácter grupal. Será por elo preciso que cada grupo estableza unhas normas de autorregulamento mínimas que faciliten a dinámica de traballo en tódolos casos.
Valorarase: a orde na exposición; a claridade e corrección lingüística; a capacidade de síntese das ideas fundamentais; o nivel de profundidade na abordaxe da temática que amose a súa comprensión; a linguaxe non verbal e utilización do espazo; a creatividade (presentación suxestiva, motivadora, dinamizadora da participación das/os compañeiros/as...); o uso de recursos...
10
Proba de ensaio A1 A4 A6 A19 A27 A28 A31 C1 C2 Pretende determinar os logros do alumnado en termos de obxectivos. Procura avaliar de xeito directo a capacidade de análise, a expresión e a organización de ideas relativas aos contidos da materia.
Valorarase a rigorosidade da resposta, combinada coa capacidade de razoamento (argumentación, relación entre ideas, comparación...), creatividade e espírito crítico. Implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
A súa realización terá lugar na data oficial establecida para o exame da materia.
40
Portafolios do alumno A5 B4 B9 B10 B12 B14 B1 B2 C8 C1 Portafolio vitual composto polas actividades propostasno Moodle asociadas a cada un dos temas, no que se recollerán os rexistros e/ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado. Ao finalizar cada tema inclúese una actividade de valoración do proceso de aprendizaxe. Ao final da materia, unha autoavaliación individual en relación ás aprendizaxes e competencias desenvolvidas na materia, o grao de implicación persoal nas actividades e traballos grupais...
Valorarase a capacidade reflexiva en relación á propia aprendizaxe; a evolución da aprendizaxe reflectida nas prácticas recollidas en relación ao grao de profundidade do contido; a capacidade para establecer sinerxías; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar; a utilización de fontes documentais complementarias e actuais; a presentación; entre outros.
A entrega de cda una das sección do portafolio virá marcada polo desenvolvemento dos contidos da materia, dado que son actividades dirixidas a acompañar o proceso de aprendizaxe
25
 
Observacións avaliación

1.- Para poder ser
calificado/a e avaliado/a é necesario ter entregado todos os traballos
esixidos. De faltar algunha das partes, o alumno/a figurará como NON
PRESENTADO/A ao non poder ser avaliado na totalidade das propostas de
aprendizaxe.

2.- Para superar a materia é imprescindible ter superadas todas e
cada unha das actividades de avaliación. En caso contrario, a cualificación
será de suspenso. Gardaranse as partes aprobadas durante a convocatoria anual.

3.- A asistencia e participación activa e esixente nas dinámicas
de aula serán consideradas de forma positiva no proceso de avaliación.

4.- Calquera circunstancia persoal que poida alterar o seguimento
da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada ao inicio do curso
para a súa oportuna e axeitada consideración. Para o alumnado que, por razóns debidamente acreditadas,
non poida ter unha asistencia sistemática e o faga a tempo parcial,
establécense criterios de avaliación adecuados, en cada caso, ás súas
circunstancias, garantindo a igualdade de oportunidades. Criterios de
avaliación:

- Recensión e exposición oral dun dos libros da bibliografía
básica, que deberá ser acordado coa profesora a inicios de curso para a
convocatoria de xaneiro, e a inicios do segundo cuadrimestre para a
convocatoria de xullo (30%). 

- Proba de ensaio (70%).

As pautas e criterios de avaliación están recollidas no Documento
de Actividades de Avaliación
colgado no Moodle.

5.- Para acollerse á modalidade presencial, cómpre ter
unha asistencia mínima do 85%. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes