Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Teoría da educación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B4 B9 B10 B12 B14 B16 B18 B22 B23 B24 C7 C8 Traballo grupal orientado a análise e reflexión sobre unha das metodoloxías abordadas na materia. Implica a preparación dunha presentación na clase, así como a identificación de claves pedagóxicas orientadoras do deseño dunha iniciativa de educación para a cidadanía global na etapa de Educación Infantil, fomentando a conexión entre a reflexión teórica e a práctica educativa (Proxecto de APS). 30
Portafolios do alumno A5 B4 B9 B10 B12 B14 B1 B2 C8 C1 Portafolio vitual de carácter grupal composto polas actividades propostas no Moodle asociadas a cada un dos temas, no que se recollerán os rexistros e/ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado.
Valorarase a capacidade reflexiva en relación á propia aprendizaxe; a evolución da aprendizaxe reflectida nas prácticas recollidas en relación ao grao de profundidade do contido; a capacidade para establecer sinerxías; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar; a utilización de fontes documentais complementarias e actuais; a presentación; entre outros.
A entrega de cada una das seccións do portafolio virá marcada polo desenvolvemento dos contidos da materia, dado que son actividades dirixidas a acompañar o proceso de aprendizaxe.
20
Proba mixta A1 A4 A6 A13 A19 A27 A28 A31 C1 C2 Pretende determinar os logros do alumnado en termos obxectivos. Componse dunha primeira parte de preguntas de resposta pechada (asociación, resposta múltiple, etc.) ou breve (completar, resposta breve); e unha segunda parte de resposta tipo ensaio. Na pregunta de ensaio, procúrase avaliar de xeito directo a capacidade de análise, a expresión e a organización de ideas relativas aos contidos da materia.
Valorarase a rigorosidade da resposta, combinada coa capacidade de razoamento (argumentación, relación entre ideas, comparación...), creatividade e espírito crítico. Implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
A súa realización terá lugar na data oficial establecida para o exame da materia.
50
 
Observacións avaliación

1.- Para poder sercalificado/a e avaliado/a é necesario ter entregado todos os traballosesixidos. De faltar algunha das partes, o alumno/a figurará como NONPRESENTADO/A ao non poder ser avaliado na totalidade das propostas deaprendizaxe.

2.- Para superar a materia é imprescindible ter superadas todas as probas. En caso contrario, a cualificaciónserá a da proba suspensa. Gardaranse as partes aprobadas durante a convocatoria anual.

3.- A asistencia e participación activa e esixente nas dinámicasde aula serán consideradas de forma positiva no proceso de avaliación.

4.- Calquera circunstancia persoal que poida alterar o seguimentoda materia por parte do alumnado deberá ser comunicada ao inicio do cursopara a súa oportuna e axeitada consideración. Para o alumnado que, por razóns debidamente acreditadas ,non poida ter unha asistencia sistemática e o faga a tempo parcial,establécense criterios de avaliación adecuados, en cada caso, ás súascircunstancias, garantindo a igualdade de oportunidades. Criterios deavaliación:

  • Recensión e exposición oral dun dos libros da bibliografíabásica, que deberá ser acordado co profesor/a a inicios de curso para aconvocatoria de xaneiro, e a inicios do segundo cuadrimestre para aconvocatoria de xullo (30%).
  • Proba mixta (70%).

5.- Para acollerse á modalidade presencial, cómpre terunha asistencia mínima do 80%.

6.- Seguindo as indicacións da Vicerreitoría de Planificación Académica e Innovación Docente, infórmase de que quen na realización de traballos cometa plaxio ou a utilización de material non orixinal, incluido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes